Fernández denuncia a "alianza" de PP e PSOE como un "partido único"

|

Alexandrafernandezenmarea

A portavoz no Congreso de En Marea, Alexandra Fernández, denunciou durante a súa intervención no debate de investidura "o golpe parlamentario" que deron o PP e o PSOE aliándose nun "Partido Único" por mor de "o medo" que lles causou a eclosión do 15M.


Ao seu xuízo, o presidente o Goberno en funcións, Mariano Rajoy, será investido como resultado do "golpe" dun PSOE que "foi cociñado a lume lento durante dez interminables meses para anular os resultados do 20D", nos que, segundo explicou, o electorado votou unha "rexeneración ética" e un "fin ao turnismo". "Isto resultaba intolerable para os intereses dos poderes que vostedes serven, antitéticos aos da cidadanía do común.


15M


A portavoz remarcou a primeira "manifestación clara" do medo que protagonizaron PP e PSOE foi "cando o 15 de maio se encheron as prazas baixo o berro de democracia real". A partir de aí promoveron "de inmediato a sucesión na Xefatura do Estado", "procederon á reforma constitucional do artigo 135 para dar amparo legal ás esixencias da Troika" e a última acción produciuse na sede socialista cando o Comité Federal do PSOE votou a favor de facilitar un goberno do PP cunha abstención na segunda votación.


"Demostrouse que para dar un golpe palaciego resulta máis fácil organizar a retirada forzosa dun dirixente político, que introducir a un señor con bigote e tricornio no Congreso", aseverou, á vez que criticou que o PSOE abdicase "" o seu papel de oposición para "evidenciarse como integrante de pleno dereito do Partido Único"


Fernández remarcou que o actual "movemento democrático non se atopa cómodo no corpiño do 78" no que, ao seu xuízo, permanece ancorado este sistema político que non entende un Estado plurinacional de "diferentes expresións". Nesta parte a portavoz aproveitou para denunciar a desatención que sufriu Galicia por parte do Goberno central.


Fernández concluíu lamentando que o previsible goberno vaia "a volver aplicar sumisamente os recortes ordenados pola Unión Europea, que impedirá que os pobos do Estado poidan decidir o seu futuro soberanamente, e que tratará de preparar un prato precociñado de novo consenso de elites". Aínda así, advertiu que En Marea "fará unha oposición contundente e que traerá á Cámara a alternativa que demanda a cidadanía" para terminar "co Réxime do 78".

relacionada ​Las reválidas quedan sin efectos hasta alcanzar un pacto por la Educación
relacionada Pablo Iglesias: "Esta investidura es un trámite vergonzoso para el Partido Socialista"
relacionada Máis dun terzo dos ourensáns vive fóra de España

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress