#Claves de la semana

O PPdeG propón investir presidente a Feijóo

O presidente do Parlamento, Miguel Santalices, recibíu esta mañá os representantes dos grupos na rolda de consultas.


|

Feijooparlamento 1


O portavoz do PPdeG na Cámara, Pedro Puy, elevou este venres ao presidente do Parlamento, Miguel Santalices, a proposta do seu grupo para que Alberto Núñez Feijóo sexa investido presidente da Xunta tras obter "o respaldo maioritario do pobo galego".


En declaracións aos medios tras unha reunión de apenas media hora, que foi o colofón á rolda de consultas do xefe do Lexislativo autonómico con todos os grupos parlamentarios, Puy Fraga reivindicou a "ampla maioría social" cultivada polo PPdeG nos recentes comicios e a "ampla maioría parlamentaria" na que se traduce.


Con estes argumentos, e co da "estabilidade institucional" que "garante" Feijóo, xustificou a elección de Feijóo como candidato ao debate de investidura, un trámite que o resto dos grupos xa declinaron facer tras avanzar, iso si, o seu voto en contra.


Dito isto, o dirixente popular salientou a "inmensa honra" que supón para el "dar cumprimento a un trámite dos máis importantes" do sistema democrático, como é expor ao responsable da primeira institución de Galicia a proposta do seu grupo dun candidato á Presidencia da Xunta.


"É un acto xurídico e político dos máis importantes", incidiu, non sen sinalar a "normalidade" con que se desenvolveu a reunión con Santalices para "poñer a andar" a X Lexislatura autonómica.


Está previsto que ás 12,30 horas o presidente da Cámara se reúna con Feijóo para comunicarlle que o seu nome é o único que se debaterá na sesión de investidura e para encargarlle que asuma esa responsabilidade. A partir de aí, tal e como comunicou Pedro Puy, faranse públicas as datas nas que se desenvolverá esa sesión plenaria.

relacionada ​O PSdeG non propoñerá candidato e votará 'non' á investidura de Feijóo
relacionada ​O BNG opoñerase á investidura de Feijóo e será a voz da Galicia "rebelde"
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE