#Claves de la semana

En liberdade o administrador de Rojadirecta

Foi detido este xoves pola demanda que interpuxo Canal+ contra a web | Terá que comparecer mensualmente ante o xuíz. 


|

Rojadirecta


O administrador de Rojadirecta, Igor Seoane, quedou en liberdade coa obrigación de comparecencias mensuais ante o xuíz, segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) despois de que este xoves fose detido.


A súa detención produciuse tras comparecer no Xulgado do Mercantil número 1 da Coruña en relación co xuízo pola demanda que interpuxo DTS (Canal+) -adquirida por Telefónica- contra a súa empresa por unha suposta infracción de dereitos de propiedade intelectual en relación coas ligazóns para eventos deportivos que se ofrecían desde a web.


O arresto, durante un receso da vista, produciuse por orde do Xulgado de Instrución numero 1 da Coruña e no marco dunhas dilixencias que foron declaradas secretas.


A investigación dos feitos polos que finalmente foi detido iniciouse o ano pasado. Tras a súa detención, pasou a disposición xudicial na tarde do xoves. Posteriormente, quedou en liberdade coa obrigación de comparecer mensualmente no xulgado.


PREITOS DA WEB


Trataríase dunha causa allea aos preitos que a web mantén tras as denuncias de Mediapro e DTS polos contidos de Liga profesional española e francesa supostamente infractores que aparecían nela.


O testemuño do administrador de Rojadirecta tivo lugar este xoves despois de que o pasado 26 de novembro de 2015 o Xulgado do Mercantil número uno da Coruña decretase o peche cautelar da páxina da internet en todos os seus dominios.


O administrador único da web accedeu ao Xulgado do Mercantil Número 1 da Coruña con casco de moto para ocultar a súa imaxe na vista oral, onde fora citado para un interrogatorio de parte. Ante o tribunal, asegurou que a única fonte de ingreso da súa empresa procedía das casas de apostas.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE