#Claves de la semana

​O BNG opoñerase á investidura de Feijóo e será a voz da Galicia "rebelde"

Ana Pontón explicou que non farán ningunha proposta de candidato xa que hai unha maioría "do PP referendada nas urnas" que lle dá a posibilidade a Feijóo de gobernar. 


|

AnaPonton5

A portavoz parlamentaria do BNG, Ana Pontón, anunciou este venres que o seu grupo "votará en contra" da investidura de Alberto Núñez Feijóo como presidente da Xunta ao asegurar que a súa formación defende "un programa político diferente" para Galicia e distinto ás "políticas contrarias á maioría social" que leva a cabo o PP.


En declaracións aos medios tras reunirse co presidente do Parlamento, Miguel Santalices, dentro da rolda de consultas cos grupos previa á investidura, a líder do BNG explicou que a súa formación "non fará ningunha proposta de candidato" xa que hai unha maioría "do PP referendada nas urnas" que lle dá a posibilidade a Feijóo de ser investido.


"Os galegos teñen unha crise moi importante instalada nas súas vidas e hai un modelo económico social e político que se está impoñendo que é claramente prexudicial para as maiorías", argumentou antes de lamentar que exista "unha mocidade en precario que ten que emigrar" ou uns servizos públicos "que se están deteriorando". Todo iso, engadiu, no contexto dunha crise que "se utilizou como escusa" para impoñer o "modelo social e económico da desigualdade".


"Fronte a este escenario", no que Galicia tamén "perde cada vez máis peso político no Estado", avanzou que o BNG se erixirá, desde a oposición, na voz "da Galicia rebelde e inconformista".


"Imos seguir traballando desde a oposición para fortalecer esta alternativa e, o noso voto, por tanto, vai ser contrario ao que representa o PP e as políticas de Feijóo", resolveu.

relacionada O PPdeG propón investir presidente a Feijóo
relacionada ​Santalices espera "entendimiento"
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE