#Claves de la semana

En Marea di 'non' a Feijóo e reivindícase como "alternativa política"

Ás preguntas dos xornalistas sobre a apelación de Santalices ao "respecto institucional", Villares sacou a coación a transferencia da AP-9, unha iniciativa "unánime" do Parlamento. 


|

Villaresinvestidura


O portavoz parlamentario de En Marea, Luís Villares, avanzou que a súa formación votará en contra da investidura de Alberto Núñez Feijóo como presidente da Xunta e exercerá, "desde xa", a súa posición de "alternativa política" como segunda forza no Parlamento de Galicia.


Tras reunirse este venres co presidente da Cámara, Miguel Santalices, no marco da rolda de contactos previa á investidura, Luís Villares tamén avanzou aos medios que o partido instrumental non propoñerá un candidato alternativo ao popular ao considerar que "agora o que toca é a oposición á proposición de Feijóo".


RELACIÓN FLUÍDA E CORDIAL


Así mesmo, tras este encontro no que Santalices e Villares analizaron "cales serán os pasos, unha vez constituído o Parlamento", o líder de En Marea explicou que ambos os dirixentes comprometéronse a manter "unha relación fluída" e "cordial". "Como non pode ser doutra forma entre quen dirixe unha institución que é símbolo do autogoberno de Galicia e nós, como alternativa política de Galicia que empezará a exercer desde xa esa función", sinalou.


Neste sentido, destacou que trasladou a Santalices que En Marea terá "a man tendida" á Presidencia para "calquera cuestión". "É fundamental ter unhas canles sempre abertas de diálogo e que esta lexislatura que agora empeza estea marcada polo diálogo sempre que sexa posible", subliñou para deixar clara a disposición de En Marea a favor de que o Parlamento funcione "como verdadeira cámara representativa do conxunto da cidadanía".


Ademais, preguntado pola apelación de Miguel Santalices ao "respecto institucional", Villares puxo en valor esta necesidade pero considerou que "o primeiro respecto institucional que ten que haber é por parte da Mesa do Congreso para tramitar unha iniciativa que sae por unanimidade do Parlamento de Galicia" en relación á solicitude de transferencia da autoestrada AP-9.


"Esa vai ser a tónica, facer valer o respecto institucional ao que significa o conxunto do Parlamento", indicou.

relacionada ​O PSdeG non propoñerá candidato e votará 'non' á investidura de Feijóo
relacionada ​O BNG opoñerase á investidura de Feijóo e será a voz da Galicia "rebelde"
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE