#Claves de la semana

​Evacuadas ao hospital cinco persoas debido ao incendio nun piso en Ourense

Segundo informou o 112 Galicia, os afectados trasladados sufriron intoxicacións derivadas da inhalación de fume provocado polo incendio.


|

Aslagunasourense


Cinco persoas foron trasladadas este venres a un centro hospitalario en tres ambulancias do 061 debido ao incendio rexistrado nun piso en Ourense e outras dúas recibiron asistencia no lugar.


Segundo informou o CAE 112 Galicia, os afectados trasladados sufriron intoxicacións derivadas da inhalación de fume provocado polo incendio.


En concreto, o lume iniciouse no primeiro piso do edificio situado na Rúa das Lagoas sobre as 11,30 horas. Foi un particular o que alertou do incendio ao 112 Galicia. Segundo explicou, na vivenda na que comezou o lume reside unha persoa de avanzada idade.


O Centro de Atención ás Emerxencias do 112 alertou enseguida aos Bombeiros de Ourense e a Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Tamén se informou a Protección Civil e á Policía Local.


Ao lugar, o 061 desprazou unha ambulancia medicalizada e dous asistenciais que trasladaron a cinco afectados ao Hospital Cristal, segundo apuntaron fontes sanitarias.


A ambulancia medicalizada evacuou ao hospital a unha persoa, un home de 98 anos; e aos outras dous asistenciais levaron a dúas persoas en cada caso --tres homes de 41, 37, 37 e 62 anos--, segundo precisaron a Europa Press fontes sanitarias. Pola súa banda, un menor e unha muller de 39 anos recibiron asistencia no lugar.


relacionada ​Arde una ambulancia estacionada en A Coruña
relacionada ​Arde un camión en Oza-Cesuras que transportaba 600 quilos de coiro
relacionada ​Un detido en Pontevedra por incendiar a casa da súa ex parella
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE