'O galego é un mundo", unha iniciativa para erradicar prexuízos sobre o idioma

|

Adolescenteshablan


A Secretaría Xeral de Política Lingüística impulsa o programa 'O galego é un mundo: multiculturalismo e diversidade lingüística hoxe', unha iniciativa coa que persegue fomentar a conciencia da diversidade e erradicar os prexuízos existentes respecto ao idioma propio de Galicia.


Este venres celebrouse unha xornada informativa con profesorado de equipos de dinamización lingüística para presentar este proxecto, que nesta primeira edición implantarase en doce centros educativos.


En concreto, serán o IES Félix Muriel (Rianxo), IES San Clemente (Santiago de Compostela), IES Carral, IES Manuel Murguía (Arteixo); IES Aquis Celenis (Caldas de Reis), IES Castro Alobre (Vilagarcía de Arousa); IES Carlos Casares (Vigo); IES Chano Piñeiro (Forcarei); IES Taboada Chivite (Verín); IES Cidade de Antioquía (Xinzo de Limia); CPI Plurilingüe Navia de Suarna e o IES de Ribadeo Dionisio Gamallo.


O programa articularase nunha serie de relatorios interactivos impartidos polo sociolingüista Anik Nandi, que realizará unha análise contrastiva entre a realidade galega e a da India.


Durante o acto de presentación, o responsable de Política Lingüística, Valentín García, destacou que "o monolingüismo non é a norma da que os galegos se saen", dado que "entre a metade e dous terzos da poboación mundial fala máis dunha lingua", apelando a traballar para que as novas xeracións aprecien o valor desa diversidade á que Galicia contribúe co seu idioma propio.


Ademais de Anik Nandi, García estivo acompañado pola coordinadora de equipos de dinamización, Sabela Gil, o xornalista Xurxo Salgado e representantes de quipos de normalización lingüística, entre outros.

relacionada Ryanair fala galego
relacionada A Mesa denuncia a "exclusión do galego" na 'caixa finlandesa'
relacionada A RAG alerta de que só se lle transmite o galego a un terzo dos nenos nados no século XXI

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress