#Claves de la semana

Investigan supostos malos tratos nun centro de menores de Vigo

A Xunta abríu unha investigación interna, xa que ten prazas de residencia concertadas co centro. 


|

Centromenoresmaltrato

Fragmento do vídeo publicado por Ser TV


A Fiscalía de Menores de Vigo abriu unha investigación por mor da denuncia dun pai, por supostos malos tratos e vexacións nun centro de menores da cidade olívica, segundo confirmaron fontes do ministerio público.


A denuncia deste pai inclúe un vídeo no que se ve a varios menores asistindo a unha sesión de terapia cun psicólogo e relatando esas supostas vexacións, cometidas por persoal do centro, o Hogar San José. A denuncia foi presentada ante a Fiscalía Xeral do Estado, que a remitiu a Vigo, onde se iniciaron dilixencias para corroborar se se cometeu algún ilícito penal.


En todo caso, non é a primeira vez que este pai presenta unha denuncia, de feito, fontes consultadas por Europa Press confirmaron que presentou varias denuncias en xulgados por supostas irregularidades neste centro, e reclamando que se lle devolvese a custodia dos seus cinco fillos, que están no centro.


Os menores están tutelados pola Xunta e o seu pai saltou á palestra pública a finais de 2014 (e tamén un ano despois) por encadearse nos xulgados de Vigo para reclamar que lle devolvesen a custodia dos nenos, alegando que eran maltratados no Hogar San José.


En todas esas ocasións, as denuncias foron arquivadas e, así mesmo, houbo unha investigación interna por parte da Administración autonómica hai dous anos, que tamén concluíu sen indicios de que se estivesen producindo as irregularidades denunciadas.


Outras fontes consultadas precisaron que, á marxe do contido do vídeo e dos supostos malos tratos, non se pode descartar que se investigue a posible comisión dalgún delito pola gravación das imaxes, "posiblemente sen consentimento dos menores ou os titores", dunha sesión terapéutica que ten carácter confidencial.


INVESTIGACIÓN DA XUNTA


Por outra banda, fontes da Xunta confirmaron a apertura doutra investigación interna por esta última denuncia, así como a súa colaboración coa Fiscalía de Menores.


En concreto, a Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, tras ter coñecemento da existencia deste vídeo, "onde un grupo de menores denunciaban unha suposta vulneración dos seus dereitos por parte do persoal do centro no que residen e co que a Xunta ten un concerto de prazas", púxose en contacto co Ministerio Fiscal.


Paralelamente, abriu unha investigación para "determinar a veracidade das manifestacións realizadas polos menores, co obxecto de adoptar as medidas necesarias, de ser o caso"; as conclusións que se obteñan tamén serán remitidas á Fiscalía.

relacionada ​O Goberno promete "maior sensibilidade" contra as pelexas entre menores
relacionada A mocidade do rural, marxinada
relacionada Reducen a un joven armado con una catana fugado de un centro de menores de Ourense
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE