miércoles, 16 de agosto de 2017 19:31




Número de contacto (34)678803735
redaccion@galiciapress.es

O Corredor do Morrazo, pechado durante 64 días por risco de desprendementos

|

Desprendimientorocascarretera

A concesionaria das obras e a Consellería de Infraestruturas e Vivenda decidiron cortar ao tráfico o primeiros seis quilómetros do Corredor do Morrazo, entre a ponte de Rande e a saída de Meira-Marín, por motivos de seguridade, e ante o risco de desprendementos.


Segundo confirmou en rolda de prensa a conselleira Ethel Vázquez, as voaduras realizadas con motivo das obras de ampliación de capacidade do viario permitiron comprobar que certas zonas do terreo presentan "un comportamento distinto do esperado".


Trátase dun terreo 'diaclasado', e as voaduras fan que aumente a inestabilidade e, por conseguinte, o risco de desprendementos e o perigo para o tráfico e para os propios traballadores da obra.


Por este motivo, para garantir "ao máximo" esa seguridade, pecharanse eses seis quilómetros desde o 2 de novembro ao 23 de xaneiro, ambos os incluídos, cunha paréntese nas datas do Nadal (do 21 de decembro ao 8 de xaneiro) para facilitar os desprazamentos.


Para tratar de minimizar o impacto dese peche no tráfico da PO-551, a Consellería remitiu un informe aos Concellos de Moaña e Cangas, con medidas alternativas, como unha nova regulación da rede semafórica ou a habilitación dun carril adicional na estrada provincial que une a PO-551 coa ligazón de Meira.


"PRUDENCIA"


Ethel Vázquez explicou que o peche do corredor é unha medida "obrigada" por cuestións de seguridade e porque as voaduras no terreo supoñían "un perigo absoluto" para a circulación.


A conselleira, e tamén a alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, fixeron un chamamento á "prudencia" dos condutores, así como ao uso do transporte público ou de vehículos compartidos.


Vázquez pediu paciencia aos usuarios do corredor, e asegurou que o seu departamento e a empresa traballarán para axilizar as obras ao máximo. De feito, "traballarase en fins de semana e festivo" para cumprir co prazo do primeiro tramo do corredor, que ha de estar desdobrado en outubro de 2017.

relacionada Un accidente en el Corredor do Morrazo se cobra una víctima mortal
relacionada Catro feridos no corredor do Morrazo

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pombapress animation

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress