Acusan a Santos de incumprir o "código ético" de En Marea ao acumular cargos

|


Alcaldesmareacarmensantos

A Asemblea de Concellos de Podemos Galicia acusou á secretaria xeral da formación morada en Galicia e deputada autonómica de En Marea, Carmen Santos, de incumprir o "código ético" do partido instrumental ao acumular un cargo institucional con outro representativo nunha organización política.


A Asemblea de Concellos pide á Coordinadora de En Marea que explique os "prazos e medidas" que vai tomar o partido instrumental en aplicación do seu código ético aprobado na asemblea constituínte do 30 de xullo.


Segundo lembra a Asemblea, este código establece a "incompatibilidade de representantes" para "evitar unha acumulación de poderes" de forma que as persoas electas, o persoal de confianza e os cargos institucionais "son incompatibles" co "desempeño de altos cargos representativos nas organizacións políticas e sindicais".


"Como saberán a secretaria xeral de Podemos Galicia, do mesmo xeito que cinco compañeiros máis nomeados parlamentarios incluíndo o secretario de Organización, cumpren a incompatibilidade reflectida nos documentos" de En Marea, explica a Asemblea de Concellos de Podemos.


Por iso, considera necesario que a Coordinadora de En Marea tome "algún tipo de medida de oficio" como "enviarlles o código ético aos interesados para o seu coñecemento" ou "algún tipo de recomendación" para que cumpran as condicións do documento antes do seu traslado ao Comité de ética e garantías que debe aplicar o seu contido.

relacionada Arranca a décima Lexislatura galega
relacionada En Marea reparte as áreas de traballo na Cámara

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress