​Non atoparon nin pegadas nin ADN no móbil de Diana

|

Taragoaporto


Os investigadores da desaparición de Diana Quer seguen a analizar o teléfono móbil da moza, atopado este xoves, unhas actuacións que, segundo apuntan distintos medios, non revelaron nin pegadas dactilares nin restos de ADN.

A hipótese principal que barallan é a de que o aparello non foi lanzado á auga pola rapaza, senón por outra persoa. As circunstancias que envolven este feito están menos claras, e non hai aínda unha reconstrución do ocorrido.

As análises sobre o teléfono céntranse, pois, en atopar a identidade dalgunha persoa coa que Diana mantivera contacto eses días ou esa mesma madrugada.

Está previsto que os investigadores volvan nos próximos días á zona en que apareceu o teléfono, onde fixeran xa unha batida hai máis dun mes.

relacionada A nai de Diana Quer móstrase "esperanzada"
relacionada Intentan 'resucitar' el móvil de Diana en busca de nuevas pistas
relacionada Un mariscador atopa o teléfono de Diana Quer

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress