#Claves de la semana

​O carballés Marcos Rodríguez, premiado como 'Mellor fotógrafo do ano'

Recibiu o galardón nas categorías de 'Natureza' e 'Reportaxe gráfica', da man da Federación Española de Profesionais da Fotografía e a Imaxe


|


Marcosrodriguezfotografo



O fotógrafo carballés Marcos Rodríguez recibiu en Segovia o premio ao 'Mellor fotógrafo do ano' na categoría de 'Natureza' e tamén na de 'Reportaxe gráfica', galardóns que cada ano outorga a Federación Española de Profesionais da Fotografía e da Imaxe (Fepfi).

Segundo explicou este domingo a Asociación de Fotógrafos da Coruña nun comunicado, a Fepfi celebrou o sábado en Segovia o seu congreso anual, no que Marcos Rodríguez tamén levou o título de 'Fotógrafo distinguido'.

Neste evento, o alacantino Vicente Esteban foi o gañador do Premio Nacional de Fotografía-Fotografo do ano 2016. Ademais dos recoñecementos para Marcos Gallegos e Vicente Esteban concedéronse outros premios. Así, o sevillano Juanjo Moreno gañou o da categoría 'Comercial'. Doutra banda, o granadino Faustino Maldonado foi o seleccionado na apartado 'Voda' e o pamplonés Antonio Peiteado en 'Arte Ilustrativa'.

O título de 'Fotógrafo español do Ano' é o resultado do grupo de fotógrafos nomeados, procedentes de moi diversas localidades, que optaron ao primeiro premio de cada unha das seis categorías do concurso.

Os artistas nomeados foi: José_Manuel Ortega (Elda, Alacante), Rosa Pastor (Aspe-Alacante), Antonio Peiteado (Pamplona), Yolanda e Inma Purriños (Lugo), Álvaro Ruiz Nogues (L'Alcudia-Valencia), Carlos Felipe Ortiz (Almería), Tomás Avis (Navalmoral de la Mata-Estremadura), Javier Avis (Jaraíz de la Vera-Estremadura), Faustino Maldonado (Selecta), Valeria Cassina (Talavera de la Reina-Toledo), Olmo Do Val (Málaga), José Ortiz (Almería), Carlos Santana (Navalcarnero-Madrid), Juanjo Moreno (Sevilla), Lluis Oliver (Barcelona), Roberto Alonso (Miranda de Ebro-Burgos), Ana García (Carballo-A Coruña), Yeray Menéndez (Avilés-Cantabria), Marcos Rodríguez (Cee-A Coruña), José Ramón Navarro (Xixón-Cantabria), Jaime Mezquida (Denia-Alacante), e Vicente Esteban (Elda-Alacante).

Algúns destes fotógrafos recibiron varios nomeamentos nas categorías do concurso e para esta primeira edición presentáronse 153 obras repartidas entre as seis categorías, cun total de 35 autores (30 federados e 5 profesionais non federados).

O xurado compuxérono Eva Cordero, Pepa Valero, José Regueira, Juan José González e Fernando Blanco. Este concurso, sen ánimo de lucro, nace coa intención de "recoller as mellores imaxes dos nosos profesionais, co obxectivo de poñer en valor as súas obras, divulgalas e recoñecer aos mellores fotógrafos do ano en España", como sinalaron desde Fepfi.

Así mesmo, servirá para preparar a candidatura que se presentará na World Photographic Cup (WPC) 2017, en Xapón. O equipo de España para a WPC será o resultado da selección das obras nomeadas e premiadas neste concurso, xunto ás Obras de Colección de Honra 2015, seleccionadas en Segovia.

En concreto, a Fepfi fundouse en 1992 e integra actualmente preto dun milleiro de fotógrafos e videógrafos federados, pertencentes a 25 asociacións provinciais e autonómicas. Ademais, forma parte da World Council of Professional Photographers (WCPP) e da Federation of European Professional Photographers (FEP).

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE