#Claves de la semana

A lagoa de Massó, en Cangas, necesita protección "urxente"

A asociación ecoloxista Arco Iris reclama ao concello que solicite á Xunta a súa declaración como espazo protexido.


|

Lagoamassocangas

A lagoa de Massó, a carón da Praia do Medio. //Foto: turismo.gal


A asociación ecoloxista Arco Iris reclamou de novo ao Concello de Cangas (Pontevedra) a protección "urxente" da lagoa de Massó, que se atopa nunha situación de "indefensión intolerable".


Membros da asociación mantiveron unha conversación coa concelleira de medio ambiente de Cangas, Tania Castro, para insistir na conveniencia de "tramitar canto antes" a petición de Espazo natural de protección municipal.


O Concello de Cangas aprobou o pasado ano iniciar a petición para que a Consellería de Medio Ambiente aprobase incluír esta zona como espazo natural de interese local. Con todo, a propia concelleira admitiu que, "por falta de medios materiais e humanos", aínda non está listo o documento que será enviado á Xunta.


"Por outra banda, hai que lembrar as recentes desavinzas no seo do goberno municipal de Cangas, que orixinou actuacións contrapostas na contorna da Lagoa de Massó, como unha roza que foi paralizado e logo autorizado de novo", lembra Arco Iris.


A asociación considera, segundo unha interpretación literal da Lei 9/2001, "que non é necesario que o concello presente un plan de conservación", xa que a Xunta pode declarar como protexido de forma provisional un espazo por un prazo de dous anos.


Por iso, Arco Iris insta o Concello de Cangas a solicitar "canto antes" unha declaración provisional de protección para a Lagoa de Massó e a súa contorna de Punta Balea. Así mesmo, "deben axilizarse de forma urxente os trámites para completar a documentación do plan de protección deste magnífico espazo natural, único na zona pola súa enorme riqueza faunística e botánica".

relacionada ​Os espazos protexidos pola Rede Natura, ameazados por actividades recreativas
Última hora

1 Comentarios

1

fitipaldi

escrito por El gobierno municipal de Cangas no está haciendo sus debere 01/nov/16    11:10

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE