#Claves de la semana

​Este setembro creceron un 11% vos viaxeiros que escolleron establecementos rurais

A maior parte dos turistas foron españois e pasaron, de media, dúas noites. O sector baixou prezos en Galicia.


|

Hotelesrurales


Os viaxeiros aloxados nos establecementos galegos de turismo rural creceron un 11,43 por cento no mes de setembro, con respecto ao noveno mes do ano anterior.


Segundo os datos que publica este luns o Instituto Nacional de Estatística, os establecementos rurais galegos rexistraron en setembro a 27.144 usuarios, un 11,43% máis que hai un ano. A maior parte dos viaxeiros --16.438-- eran españois, mentres que 10.706 eran estranxeiros.


En relación ás pernoitas, este tipo de establecementos rexistraron 49.867 no noveno mes do ano, un 22,68% máis que no mesmo mes de 2015. A estancia media creceu lixeiramente, ata os 1,84 días.


Os 540 establecementos de turismo rural abertos en Galicia rexistraron unha ocupacion media do 23,91% das súas prazas e do 25,75% das súas habitacións, cifras ambas as por encima do ano anterior.


Finalmente, os prezos neste sector caeron en Galicia un 0,17%, mentres que no conxunto do Estado creceron 1,57 puntos.


CÁMPINGS E ALBERGUES


Por outra banda, os cámpings galegos rexistraron en setembro máis de 24.500 usuarios, o que supón un 47,7% máis que hai un ano --case 8.000 persoas máis--.


En canto ás pernoitas, creceron un un 7,05%, ata as 67.047. A estancia media foi de 2,73 días, fronte aos 3,76 días rexistrados en setembro de 2015.


Os albergues galegos aloxaron no noveno mes deste ano a 571 persoas, un 36,4% máis que en 2015. Neste período, as pernoitas creceron un 109%, ao pasar de 464 a 973.

relacionada Os bos datos do turismo tamén se notan no rural galego
relacionada ​Muxía opta a ser una de las 7 Maravillas Rurales de España
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE