#Claves de la semana

​Os socialistas propoñen limitar o uso de vehículos oficiais polos membros da Mesa

Concepción Burgo renuncia ao vehículo oficial e propón facer a renuncia extensiva aos vicepresidentes e á secretaria do órgano director. 


|

Villarescocheoficial


A vicesecretaria da Mesa do Parlamento, Concepción Burgo, levou á Mesa do Parlamento de hoxe luns unha proposta para que os vicepresidentes e secretarios da Mesa do Parlamento renuncien ao uso de vehículos oficiais. A responsable socialista chamou a clarificar os criterios de disposición dos vehículos oficiais para os membros da Mesa.


A responsable socialista ratificou hoxe a súa renuncia a estes medios, como fixeron ela mesma e Marisol Soneira, como representantes do Grupo Socialista na Mesa na pasada Lexislatura, e propuxo que se faga extensiva aos vicepresidentes e secretaria do órgano. O resto de membros da Mesa acordaron responder a esta proposta nunha próxima reunión do órgano.


Os socialistas galegos propoñen a modificación do acordo da Mesa do Parlamento do 20 de setembro de 2011 “en aras de clarificar este uso que na lexislatura pasada provocou diferenzas de criterio” polos distintos integrantes deste órgano. Considera que “precisamente é este o momento adecuado para clarificar estas circunstancias, precisamente cando estamos a organizar os criterios de funcionamento da Cámara”.


O dito acordo establecía retirar os vehículos e choferes adscritos individualmente aos membros da Mesa agás o da Presidencia, e que o seu uso se limitara ás tarefas institucionais de carácter representativo ou ás incidencias encomendadas.


Os socialistas galegos propoñen que o resto dos membros da Mesa, agás o presidente, deixen de utilizar o vehículo oficial tamén para asistir ás reunións do Pleno do Parlamento, da Mesa da Cámara ou da Xunta de Portavoces. Segundo o comunicado dos socialistas galegos, as representantes do Grupo Socialista na Mesa da pasada Lexislatura tampouco utilizaron o vehículo oficial para acudir a estas reunións a pesar de ser consideradas polos servizos xurídicos tarefas institucionais de carácter representativo.


Esta proposta chega só unha semana despois de que trascenderan un escrito do voceiro de En Marea no Parlamento, Luís Villares, no que solicitaba a contratación de persoal de apoio, en concreto un chofer e un secretario. 

relacionada ​Leiceaga: "Feijóo leva 26 anos subido ao coche oficial"
relacionada ​Villares pide a En Marea un chofer e os soldos que deixou de cobrar
relacionada Abel Caballero renuncia a tener coche oficial como presidente de la FEMP
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE