miércoles, 16 de agosto de 2017 19:23




Número de contacto (34)678803735
redaccion@galiciapress.es

​Interceptados cinco condutores de Ferrolterra que deron positivo nun control de drogas

|

Conductorbuspokemongo 1


Cinco condutores da zona de Ferrolterra, un deles un ciclista, deron positivo no test de drogas no marco dun control realizado na tarde do domingo pola Garda Civil de Tráfico de Ferrol.


Segundo informou o Instituto Armado, na tarde do domingo patrullas da Agrupación de Tráfico da Garda Civil do Destacamento de Ferrol sorprenderon a cinco condutores, en distintos puntos das estradas da comarca de Ferrolterra, que deron positivo no test de drogas ao que foron sometido.


As mesmas fontes do Instituto Armado, sinalaron que "un deles era un ciclista" e foron todos propostos para sanción por este motivo.


Así mesmo, instruíronse dilixencias por un individuo que conducía un vehículo baixo a influencia de bebidas alcohólicas. En concreto, nas probas ás que foi sometido no control preventivo superou os 0,60 miligramos por litro de aire expirado que estipula o Código penal vixente.


Esta persoa é investigada por un delito contra a seguridade do tráfico, do mesmo xeito que outros dous condutores que conducían con pérdida de vixencia do permiso e sen ter permiso para a condución respectivamente. Todos eles foron citados para xuízo rápido ante o xulgado de Instrución de garda de Ferrol.


A Garda Civil lembra que a sanción por conducir con drogas ou alcol no organismo pode chegar a ser de mil euros de multa e perda de seis puntos no permiso de conducir. No caso de que se instrúan dilixencias á autoridade xudicial, podería constituír un delito contra a seguridade viaria, o que leva aparellado penas de prisión de tres a seis meses, multa de seis a doce meses e, en calquera caso, coa de privación do dereito para conducir vehículos a motor e ciclomotores por tempo superior a un e ata catro anos.


A Agrupación de Tráfico da Garda Civil do Subsector da Coruña subliña a "eficacia" deste tipo de controis e verificacione e asegura que "se vai a seguir incidindo e reforzando este tipo de dispositivos".

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pombapress animation

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress