#Claves de la semana

​O Xulgado disolve Caramelo e abre a fase de liquidación da empresa

Fontes da compañía indicaron que o persoal afectado está composto por 169 traballadores, 79 deles en Galicia.


|

Caramelo

O Xulgado do Mercantil número 2 da Coruña acordou a apertura da fase de liquidación da entidade Caramelo S.A.U. e declarou a disolución desta empresa, segundo consta no auto xudicial asinado con data do 28 de outubro.


Deste xeito, quedaron cesados os administradores, que son substituídos pola administración concursal, sen prexuízo de que poidan continuar na representación da empresa durante o procedemento e nos incidentes nos que sexa parte.


A empresa de moda Caramelo, do grupo Inveravante, solicitou o pasado martes 25 a apertura do proceso de liquidación. Fontes da compañía indicaron que o persoal afectado está composto por 169 traballadores, 79 deles en Galicia.


Aberta a fase de liquidación, quedan en suspenso as facultades de administración e disposición sobre o seu patrimonio con todos os efectos establecidos no título III da lei concursal.


Ademais, quedou reposto no seu cargo o administrador concursal, Antonio Zamorano Fernández e Antonio Amorrich Campos (PWC Corporate Finance S.L.).


15 DÍAS PARA UN PLAN


O xulgado dá un prazo de 15 días, computados desde a notificación da resolución, para que a administración concursal presente un plan para a realización dos bens e dereitos integrados na masa activa. Os créditos concursais aprazados e a conversión en diñeiro dos que consistan noutras prestacións decláranse vencidos.


Contra esta resolución pode presentarse por escrito no prazo de 20 días hábiles un recurso de apelación.


A semana pasada, a firma téxtil resaltou que se fixo "todo o posible para tentar recuperar a senda da rendibilidade unha vez que puido superar o concurso de acredores en 2014", a pesar do cal non se conseguiu "superar as perdas dos últimos exercicios, véndose abocada á liquidación".

relacionada Cierra la empresa textil Caramelo
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE