#Claves de la semana

Os ministros toman posesión dos seus cargos

Fixérono nunha cerimonia breve na Zarzuela antes de celebrar o seu primeiro Consello de goberno, "meramente protocolario" e para facer a "foto de familia" do novo equipo.


|

Ministroszarzuela


Os 13 ministros e ministras do novo Goberno de Mariano Rajoy xuraron ou prometeron o seu cargo este venres ante o Rey e os máximos representantes dos tres poderes do Estado. Tan só Soraya Saenz de Santamaría e María Dolores de Cospedal optaron pola fórmula da promesa, mentres que o resto xurou o seu cargo.


O primeiro en xurar o cargo foi o ministro de Xustiza, Rafael Catalá, que repite no posto e que nestas cerimonias exerce como notario maior do Reino.


Un a un, os 13 ministros achegáronse a unha mesa colocada para a ocasión no Salón de Audiencias do Palacio da Zarzuela sobre a que repousaban un crucifixo, un exemplar da Constitución e unha Biblia aberta polo Libro dos Números.


Aínda que Filipe VI dá liberdade para retirar os símbolos relixiosos nestes actos, ata a data ninguén o pediu e a cerimonia de xura ou promesa dos membros do Goberno séguese facendo como en tempos de Juan Carlos I.


Ademais do Rey, no acto estiveron presentes o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, e os presidentes do Congreso, Ana Pastor; Senado, Pío García-Escudero; Tribunal Supremo, Carlos Lesmes, e do Tribunal Constitucional, Francisco Pérez de los Cobos.


SÓ SANTAMARÍA E COSPEDAL ELIXEN A FÓRMULA DA PROMESA


A maioría dos membros do Goberno optou pola fórmula da xuraen lugar da promesa, coa única excepción de Sáenz de Santamaría e María Dolores de Cospedal, nomeada ministra de Defensa.


Para evitar equivocacións, os ministros ensaiaron a cerimonia minutos antes do seu inicio e puideron ler un papel colocado sobre a mesa co texto do seu xuramento.


Todos eles comprometéronse a exercer o cargo con lealdade ao Rei e á Constitución e a manter o segredo das deliberacións do Consello de Ministros.


Despois de xurar os seus cargos, saudaron un a un ao Rei, que os felicitou e despois todos os presentes formaron un círculo onde conversaron xa sen presenza da prensa.


CONSELLO DE MINISTROS


Xusto despois, trasladáronse á Moncloa para celebrar a primeira reunión do Consello de Ministros, un acto "meramente protocolario" e para facer a "foto de familia" do novo equipo.


Tras a reunión do Consello de Ministros, xa pola tarde, os seis novos ministros trasladaranse aos seus respectivos Ministerios para o traspaso de carteiras: Exteriores e de Cooperación (13.00 horas), Defensa (13.30 horas), Interior (16.00 horas), Fomento (16.30 horas), Enerxía (17.30 horas) e Sanidade (18.00 horas).

relacionada Seis nuevas caras en el Gobierno de Mariano Rajoy
relacionada O primeiro control parlamentario ao novo Goberno será o 16 de novembro
relacionada El nuevo Gobierno tendrá una Secretaría para Administraciones Territoriales
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE