#Claves de la semana

O PPdeG pide reactivar a comisión de investigación das caixas

Argumentan que na lexislatura pasada "reuniuse moita documentación e moitas testemuñas", pero non se elaboraron as conclusións.


|

Fusioncaixas


O Grupo Parlamentario Popular pediu que se reactive a comisión de investigación sobre as caixas galegas para que os cidadáns poidan coñecer as conclusións do traballo realizado neste órgano parlamentario durante a pasada lexislatura e que así se poida saber "o que pasou" con estas entidades financeiras.


Anunciouno este venres o portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, tras a Xunta de Portavoces e despois de ser preguntado polos xornalistas sobre as declaracións nas que a líder do BNG, Ana Pontón, erixiu en prioridades para a súa formación a posta en marcha dunha comisión de investigación sobre o accidente de Angrois e outra sobre as caixas ao considerar que é "un escándalo democrático" que "non houbese unha investigación real".


Respecto diso, Pedro Puy explicou que o obxectivo da petición de reactivación da comisión por parte do PPdeG é "garantir a transparencia" e que a "sociedade saiba que foi o que pasou coas caixas de aforro, porque non hai nada que ocultar".


Deste xeito, lembrou que houbo unha comisión das caixas de aforro galegas na pasada lexislatura que "traballou moito, reuniu moita documentación e moitas testemuñas". "Pero falta a fase de elaboración do ditame, o seu debate e aprobación para saber que foi o que pasou", sinalou.


"O traballo desenvolvido, a documentación achegada, os testemuños e opinións técnicas recibidas, así como a necesidade de achegar á opinión pública galega o resultado e as indemnizacións percibidas polos seus ex-directivos, ademais do compromiso coa transparencia do Grupo Parlamentario Popular, motivan suficientemente a constitución na X Lexislatura dunha Comisión de Investigación que termine os traballos realizados na pasada lexislatura", sinala o PPdeG na súa petición rexistrada este venres.


POSTURA DA OPOSICIÓN


Ademais de Ana Pontón, tamén o portavoz parlamentario de En Marea, Luís Villares, considerou necesaria a posta en marcha desta comisión. "Os datos que coñecemos hai apenas 15 días sobre as ganancias de Abanca mostran, unha vez máis, a fraude e o espolio das caixas que se produciu por parte dos que primeiro xestionaron e despois malvenderon o conxunto das caixas galegas".


Por tanto, destacou que En Marea "está en disposición de volver pelexar" para que se avance na comisión de investigación e se chegue a unhas conclusións que "dean luz sobre o tema". Así, considerou que "agora estase vendo" que a súa venda "foi un mal negocio" para os galegos.


Pola súa banda, antes do anuncio formulado polo PPdeG, o portavoz parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, asegurou que o seu grupo non se opoñería a que desde o Parlamento de Galicia "se creen as comisións de investigación" que outros grupos propoñan.

relacionada A CNMV multa con 2 millóns a Abanca pola fraude das preferentes das caixas
relacionada Feijóo encargou a auditoría da fusión das caixas “para enganarnos a todos”
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE