#Claves de la semana

Feijóo promete orzamentos expansivos e 100.000 empregos

O candidato á investidura di que baixará impostos e impulsará o I+D+i e o sector primario como locomotoras da economía.


|

Feijootribunaparlamento


Como xa se avanzara, Feijóo insistiu no seu discurso de investidura pronunciado este martes no Parlamento na súa apelación á conformación de "acordos" dentro da Cámara.


O candidato para presidir de novo a Xunta, apelou a rexeitar a "axitación", arguementando que "quen despreza a un representante do pobo, desprézase a si mesmo e ao pobo".


Con todo, pediu aos grupos da oposición "traballar xuntos" ao considerar que, aínda que ter "a única maioría absoluta" de España fará que Galicia sexa a "protagonista" dos debates como a modificación do modelo de financiamento autonómico, un pacto entre os partidos fará que "ademais de protagonista, a voz dos galegos sexa inapelable".


"Os cidadáns teñen unha esperanza bastante limitada en que alcancemos moitos pactos, propoño que desde Galicia sorprendámolos", manifestou.


100.000 EMPREGOS


Entre as súas promesas, Feijóo comprometeuse cunha lei de emprego co obxectivo de crear en Galicia "o contexto máis favorable" para "seguir reducindo" a taxa de paro. En concreto, estará enfocada esta norma cara á creación de "entre 80.000 e 100.000 postos de traballo" ao longo do próximos catro anos.


Na súa intervención ante o pleno da Cámara, quen é o único candidato á investidura fixouse tamén como meta reducir a taxa de paro "por baixo dos dous díxitos", tras manifestar que sabe que aínda "hai familias que sofren o drama do desemprego" en Galicia.


Pensando nos autónomos, propúxose que Galicia sexa "o lugar máis favorable" para emprender. Ademais, tentará que os mozos que "emprenderon o camiño da emigración e queren volver" á súa terra poidan facelo.


TEITO DE GASTO E ORZAMENTOS


A súa primeira decisión se resulta investido será aprobar o teito de gasto para, a continuación, presentar o borrador de orzamentos á Cámara antes de que termine este ano.


Na súa intervención ante o pleno do Parlamento nesta primeira sesión do debate de investidura, Feijóo fixo fincapé na necesidade de aprobar as contas públicas, que contarán con 250 millóns de euros adicionais, "no menor tempo posible".


Ademas, avanzou que o seu futuro goberno volverá responder "aos galegos" con menos impostos nesta X Lexislatura, na que continuará o seu compromiso de reducir a débeda pública e que poderá ser a primeira desde 2008 na que os Orzamentos de Galicia "sexan expansivos todos os anos".


I+D+i E SECTOR PRIMARIO


Ante o pleno do Parlamento, na primeira xornada do debate de investidura, Feijóo rexeitou a visión "derrotista" de quen cre que vivir no rural ou traballar no mar "é unha condena" e centrouse especialmente no lácteo, a industria forestal e a pesca como sectores que terán "un papel prioritario".


Ademais, apostou por orientar os investimentos do futuro goberno galego a "potenciar Galicia" como sede da I+D+i e poñer en marcha medidas como a creación e "consorcios de investigación" que "somen os esforzos de investigadores, centros tecnolóxicos, grandes empresas e pemes".


Neste sentido, tamén destacou que un segundo obxectivo nesta materia é que "a innovación se incorpore como actividade sistemática ás empresas", "o punto que está máis verde" na economía galega.


DEMOGRAFÍA


Sobre o reto demográfico, Feijóo convidou aos tres grupos da oposición galega, En Marea, PSdeG e BNG, a "reflexionar conxuntamente" porque se trata dun "desafío que non entende de cores políticas" e que toca "a todos por igual".


Como conclusión á súa intervención, o candidato cominou a todas as forzas parlamentarias a "aceptar o resultado da votación" e pediu deixar "a dialéctica do aplauso fácil e o golpe na mesa" para traballar por "mellorar a vida" dos galegos. "Perder o medo ao acordo é o primeiro paso para afrontar o futuro sen covardía", instou, tras esas referencias veladas ao veterano nacionalista Xosé Manuel Beiras, hoxe sen escano no Pazo do Hórreo.


Despois de preto de dúas horas de discurso, no que se reivindicou como "militante de Galicia", Feijóo pediu á totalidade do hemiciclo que se imbúa do "espírito do maior partido desta terra, un partido con 2,7 millóns de habitantes". "Exerzamos esa militancia", pediu, tras proclamar que el dará "todo" de si mesmo para "cumprir coa maior honra da súa vida".

relacionada Feijóo pedirá no seu discurso de investidura un "cambio de formas" no hemiciclo
relacionada ​Feijóo dará continuidade ao seu equipo
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE