#Claves de la semana

​Morre atropelado en Bergondo por un coche que se incorporaba á AP-9 Ferrol


A vítima quedou atrapada debaixo do vehículo e foi necesaria a intervención dos Bombeiros de Betanzos. 


|

Ap9


Un home perdeu a vida na madrugada deste domingo en Bergondo (A Coruña) tras ser alcanzado por un turismo que trataba de incorporarse á AP-9 Ferrol.


O accidente rexistrouse ao fío das 6,00 horas na AC-164, a dous quilómetros do acceso á autoestrada en dirección Ferrol, segundo indicou o CAE 112 Galicia nun comunicado.


Ademais, a vítima quedou atrapada debaixo do vehículo e foi necesaria a intervención dos Bombeiros de Betanzos. Con todo, os servizos sanitarios de urxencia nada puideron facer por salvar a vida do home.


Foi o condutor do turismo quen se puxo en contacto co 112 Galicia para pedir axuda. A partir de aí, os xestores do Centro de Atención ás Emerxencias activaron un operativo no que participaron bombeiros, profesionais sanitarios, axentes de seguridade e membros do instituto forense.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE