O peor dos escenarios

Manuel Fernando González Iglesias

Independencia CEO


O Centre d’Estudis d’Opinió (CEO) da Generalitat de Catalunya acaba de deixar en vía morta o 'procés' polo que tanto se pelexan destacados políticos cataláns con bastantes máis do Estado español.


E se o organismo da Generalitat publica estes datos, non o fai sen que quen ocupa a cadeira de brazos presidencial na Plaça de Sant Jaume o saiba de antemán. É o seu dereito e pola tanto o seu privilexio democrático.


Sabido é tamén que, en toda enquisa, o xestor da mesma ten a capacidade de moderar eses datos, ben a través dunha folla de ruta determinada --tamén chamada traballo de campo-- ou mesmo "lendo" axeitadamente as tabulacións finais nun ou outro sentido, o cal adoita achegar décimas ou quitalas ao resultado final.


Iso non quere dicir que iso sexa unha fraude, senón que os coñecementos técnicos do que fai a enquisa pódense plasmar como as auditorias das grandes empresas de diferentes formas. Por iso a algunhas coñecidas auditoras pilláronas con "as mans na masa".


Se eu fose independentista --que non o son-- diría, vendo os novos datos, que o ‘procés’ goza de boa saúde, a pesar dos desaforados ataques do Estado español levados a cabo con saña destrutiva a través do Tribunal Constitucional.


En cambio, se me declarase anti-independentista --que tampouco creo que o chegarei a facer-- poñería a énfase na caída ou estancamento dos que queren sacar a Catalunya do mapa constitucional español.


Como o meu é aquilo tan galego de "velas vir, deixalas pasar, e se che mexan, di que chove", pois sigo mantendo a esperanza de que a inmensa gabia que os nosos políticos de aquí e de alá levantaron na sociedade catalá, poida pecharse indefinidamente, mediante algún tipo de acordo no que ambas as partes se sentan incómodas, ou se Vds. O queren, teñan unha comodidade pactada.


A verdade é que a estas alturas do conflito, non sei como se fai iso, pero o que si teño claro é que o "toureiro barreira" xa non pode dilatar máis a súa entrada no rodo para lidar a res. Non para matala, e si para ofrecernos un "forçado portugués" máis acorde cos tempos taurinos que corren .Non se admiten nesta terna "touros embolados".


Se se volve a desaproveitar a circunstancia na que estamos,aos que mantivemos a calma --que non a preocupación-- se non vai obrigar a elixir bando, unha circunstancia indesexada e dramática, xa que cando nos enfrontemos os uns cos outros podemos atoparnos no imaxinario campo de batalla con ata membros de nosa propia familia. E ese, seguro que é o peor dos escenarios.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Más opinión
Opinadores

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE