#Claves de la semana

Identifican o coche desde o que se lanzou o móbil de Diana Quer

A análise dos datos do móbil aos que se tivo acceso pode ampliar as liñas de investigación.


|

Dianaquer


Segundo o xornal La Opinión de A Coruña, os investigadores do caso Diana Quer xa localizaron o coche desde o que se cre que foi lanzado o móbil da moza á Ría de Arousa. Fixérono por medio das imaxes rexistradas polas cámaras instaladas na autovía, que amosan un coche circulando pola ponte de Taragoña á hora que se cre que foi lanzado o terminal. 


Segundo o programa Espejo Público, os investigadores están a ter dificultades significativas para identificar a matrícula dada a escaseza de luz nas imaxes rexistradas, pero aínda así deron cun vehículo que circulaba sobre o viaducto e que sería o coche desde o cal foi lanzado o móbil da moza á ría e onde foi atopado recentemente por unha mariscadora. 


VARIAS COMUNICACIÓNS A NOITE DA DESAPARICIÓN


As investigacións para dar co paradoiro de Diana Quer parecen avanzar grazas as datos que se puideron recuperar do móbil da moza. Segundo apuntan diversos medios nacionais, os investigadores acharon que Diana se comunicou con máis persoas das que pensaba durante a madrugada da súa desaparición.


Trataríase de persoas que non estaban relacionadas coa investigación, polo que a Garda Civil seguirá facendo pesquisas nesa nova liña, pois pode ser que a moza se citara con algunha delas. A información das mensaxes de Whatsapp non revelou só o contacto, senón tamén o contido desas comunicacións.


Apuntan, polo tanto, a que nos próximos días se podería acelerar algunha liña de investigación ou descartar outras. De momento, a búsqueda céntrase nunha distancia de 50 quilómetros ao redor do porto de Taragoña.



relacionada ​Prorrogado ata o 20 de decembro o segredo de sumario no caso de Diana Quer
relacionada Diana Quer discutiu cun dos sospeitosos antes de desaparecer, segundo testemuñas
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE