​Au revoir Sarkozy

Manuel Fernando González Iglesias

Nicolassarkozy


O centro dereita francés acaba de despedir sen nostalxia a Nicolás Sarkozy, sorprendendo aos propios medios de comunicación do país coa vitoria de François Fillon nunhas primarias nas que participaron nada menos que catro millóns de electores que o votaron maioritariamente sen pestañear.


É sabido polas numerosas enquisas que se van publicando continuamente que o socialismo de François Hollande e Manuel Valls está a perder forza electoral dunha forma moi alarmante, de tal maneira, que se espera que nas próximas presidenciais acudan sós á segunda volta,o centro dereita do agora recentemente elixido François Fillon e a lideresa da Fronte Nacional Marine Le Pen.


Ante semellante panorama, Trump en America e Le Pen en Europa, a Comisión europea levouse as mans á cabeza, e os franceses decidiron buscar outro candidato gañador que afaste aos ultras do poder no Elíseo.


Con Fillon non estamos ante un descubrimento sobrenatural da política gala, senón ante un político da dereita liberal que quere que a xubilación se alongue ata os 65 anos, que o IVE suba en dous puntos, que o Estado teña a recado un 110 mil millóns de euros durante cinco anos por se veñen mal dadas e sobre todo, e esa é a súa oferta estrela, que o tamaño da administración pública se reduza nuns cincocentos mil postos de traballo.


Con semellante formulación, gañou aos seus adversarios e puxo encima da mesa un programa que, ás esquerdas francesas, vailles resultar moi difícil de dixerir, sobre todo, se se chega a esa moi posible segunda volta onde os votantes socialistas e comunistas terán que tragar un par de litros de aceite de ricino para poder outorgarlle o seu "voto útil" para que non gañe a "nacionalista" Le Pen.


Como as próximas eleccións presidenciais están previstas para o 23 de abril en primeira volta e o 7 de maio de 2017 en segunda, pronto saberemos se o socialismo galo se recupera milagrosamente, ou se François Fillon é o cabalo branco que salve a Francia da ultradereita mais belixerante que hai na vella Europa. Admítense apostas. Mentres tanto, demos por definitiva unha despedida moi á francesa: Au revoir Sarkozy

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Más opinión
Opinadores

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE