#Claves de la semana

​Unha experta cuestiona as pensións de viuvez herdadas dos anos 60

María Cadaval, profesora de Economía Aplicada da USC, defende que as mulleres xa non dependen economicamente da súa parella.


|

Pensiones


A profesora de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela (USC) María Cadaval cuestionou a vixencia das pensións de viuvez, xa que, argumenta, as mulleres hoxe en día traballan e cotizan e, en boa parte dos casos, non dependen economicamente da súa parella.


"Sei que é delicado, pero habería que preguntarse se as pensións de viudez tal e como están concibidas, hoxe en día teñen sentido", expuxo nunha entrevista na Radio Galega, recollida por Europa Press.


Neste sentido, lembrou que as pensións de viuvez creáronse nos anos 60, cando as mulleres "practicamente non traballaban", senón que dedicaban a súa vida ao coidado da familia e "no momento en que quedaban viúvas tiñan unha desprotección que foi compensada con estas pensións".


"A día de hoxe, a realidade social é outra. A realidade a día de hoxe é ben distinta e, probablemente, habería que adaptar a percepción destas pensións como se fixo en Alemaña ou en Suecia, onde ten unha duración máxima de 12 meses se non se teñen fillos a cargo", expuxo.


DEBATE POLÍTICO


María Cadaval, que enmarcou esta proposta no debate aberto polos partidos políticos, indicou que hai un "problema estrutural que explota coa crise económica porque se perden case 4 millóns de empregos e, por tanto, case 4 millóns de cotizantes á Seguridade Social".


Cadaval advertiu dos "problemas á hora de manter un sistema de pensións tal e como está agora estruturado" e chama a atención acerca de que o Pacto de Toledo se asinou no ano 1995. "Con todo o que cambiou a sociedade española, o único que se fan son pequenos retoques de maquillaxe sobre ese sistema, pero non se fixo unha reforma estrutural de calado", sinalou.


A profesora de Economía Aplicada considerou, así mesmo, que a reforma hai que "atendela xa". "Cos ingresos dos cotizantes agora mesmo non se cobren os gastos das pensións", alertou, respecto diso do que sentenciou que hai "dúas opcións: ou financiar vía impostos ou financiar vía débeda".

relacionada Os mariñeiros que reclaman a pensión a Noruega piden o apoio do Parlamento
relacionada O emprego precario sitúa na corda frouxa o sistema de pensións
relacionada ​Un terzo dos galegos cre que vivirá con apuros cando se xubile
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE