#Claves de la semana

​Adolfo Domínguez completa os cambios no organigrama da compañía

A firma textil recomprou ao que fora o seu conselleiro delegado, Estanislao Carpio, a súa participación, dun total de 129.340 accións por importe de 439.756 euros. 


|

Adolfonuevanuva30429

Adolfo Domínguez completou os cambios no seu consello de administración e aprobou a nova composición da alta dirección, á vez que recomprou ao que fora o seu conselleiro delegado Estanislao Carpio a súa participación na firma galega.


En concreto, a compañía téxtil recomprou ao seu exconselleiro delgado, cesado o pasado mes de xullo, un total de 129.340 accións, equivalentes ao 1,394% da firma, por un importe de 439.756 euros, a razón de 3,4 euros por título.


Tras a saída de Carpio, a compañía fichou a Costas Antimissaris, exdirectivo de Inditex, para ocupar o cargo de conselleiro delegado, aínda que finalmente non se incorporou por discrepancias nos termos da súa contratación.


O consello de administración da compañía téxtil aceptou as renuncias presentadas polos conselleiros José María García-Planas, José Luis Nueno Iniesta e Elena González, motivadas por razóns persoais e profesionais, segundo informou este xoves a firma á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).


Así mesmo, previo informe favorable da Comisión de Nomeamentos e Retribucións, o máximo órgano da firma aprobou o nomeamento de Adriana Domínguez, filla do deseñador e executiva da firma, e de Juan Manuel Fernández Novo para cubrir dúas das vacantes producidas.


Os novos nomeamentos someteranse a ratificación por parte da próxima xunta xeral de accionistas.


Unha vez completados os cambios no organigrama da compañía, o consello aprobou a nova composición da alta dirección, que estará composta por dez persoas.


Por último, as Comisións de Auditoría e de Nomeamentos e Retribucións acordaron a designación de Luís Caramés Viéitez e de José Manuel Rubín Carballo como os seus respectivos presidentes.

relacionada ​Adolfo Domínguez ficha a un ex de Inditex
relacionada AD recompón o seu consello de administración con Rubín Carballo e Temes Montes
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE