#Claves de la semana

​A Xunta arrasa cunha poboación dun fento en perigo de extinción ao abrir unha pista

Adega acusa a Medio Rural de levar por diante unha poboación de Lycopodiella inundata, ao levar a cabo obras de arranxo de pistas en Coristanco. 


|


Fentoperigodeextincion

// Natureza Dixital


A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA) vén de denunciar que unha pista promovida por Medio Rural na lagoa de Alcaián (Coristanco) levou por diante unha poboación de Lycopodiella inundata, fento endémico considerado en perigo de extinción, segundo apuntan os ecoloxistas.


ADEGA apunta ademais a que as obras de arranxo de pistas e novos cortalumes que Medio Rural está a executar na contorna da lagoa de Alcaián "danaron tamén exemplares de Euphorbia uliginosa e Centaurea ultreiae, ambas en perigo de extinción e esta ultima endémica, así como de Spiranthes aestivalis, considerada vulnerable".


No caso da poboación da Lycopodiella arrasada, indican, os exemplares ficaban "á beira dunha charca sobre a que abriron unha nova pista, en troques de arranxar o vello camiño que alguén ocupou cunha plantación de eucaliptos".


Ademais, desde ADEGA apuntan á singularidade e riqueza desta zona denominada como a 'Lagoa de Alcaián' ou 'Braña Rubia', que é un "excepcional territorio cunha rara poboación botánica e non poucos endemismos, debido á súa peculiar xeolóxía de rochas ultrabásicas". Un espazo que, ademais, xa fora proposto polo bipartito para integrar a Rede Natura 2000



Fentosperigodeextincion2


DELITO PENAL


ADEGA lembra que os danos ás especies protexidas poden ser constitutivos de delito, consonte o artigo 332 do Código Penal: "O que con grave prexuízo para o medio ambiente corte, talle, queime, arrinque, colleite ou efectúe tráfico ilegal de algunha especie ou subespecie de flora ameazada ou dos seus propágulos, ou destrúa ou altere gravemente o seu hábitat, será castigado coa pena de cadea de catro meses a dous anos ou multa de oito a 24 meses".


Desde a asociación esixen responsabilidade pola "eliminación" da poboación dunha especie en perigo de extinción, e a lesión doutras especies "moi sensibles e endémicas". No escrito dos ecoloxistas condenan o descoñecemento da Xunta, que din, "non pode ser escusa" e menos tratándose dunha poboación de Lycopodiella en Coristanco que estaba catalogada (cita no Herbario de Santiago SANT65621).

relacionada ​Sogama, entre as primeiras "fábricas do cambio climático" de Galicia
relacionada A lagoa de Massó, en Cangas, necesita protección "urxente"
relacionada ​Industria tramita o proxecto dunha planta de biomasa ilegal en Curtis
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE