#Claves de la semana

​O Rali da Ulloa pecha a tempada galega sobre asfalto

Preto de 90 pilotos de toda Galicia e algúns chegados de Asturias e León participarán no "evento deportivo máis importante" desa comarca luguesa.


|

Raliasfalto


Milleiros de afeccionados teñen esta fin de semana unha cita co IX Rali Comarca da Ulloa, que organiza a Escudaría A Ulloa e que se desputa nos concellos de Palas de Rei e Monterroso os días 26 e 27. "A proba reunirá preto de 90 pilotos de toda Galicia e incluso algúns chegados de Asturias e León", segundo informou o Deputado de Deportes da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón, que foi un dos encargados de presentar a proba.


Trátase da última proba puntuable do Campionato Galego de Ralis de Asfalto e "estreará un formato inédito en décadas nos ralis galegos, xa que o rutómetro conta con tan só dous tramos cronometrados aos que os participantes deberán de dar tres pasadas a cada un deles, completando un percorrido de máis de 100 quilómetros”, engadiu o Deputado.


Rivera Capón subliñou que o organismo provincial "mantén un firme compromiso co deporte do motor e proba disto é o noso apoio incondicional ás catro probas que se organizan por excelencia na nosa provincia, como son o Rali San Froilán, a Subida a Chantada, a Subida a Pontenova e, como non podía ser doutro xeito, o Rali Comarca da Ulloa, o evento deportivo máis importante desta comarca e o de maior impacto económico". A Deputación patrocina esta proba cunha achega anual de 24.000 euros.

relacionada ​La Federación Internacional de Automovilismo estudiará nuevas medidas de seguridad en los ralis
relacionada Fin do Rallye Rías Baixas por falta de financiamento
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE