#Claves de la semana

Parte do accionarado de Monbus está á venda

O seu socio maioritario, o empresario lucense Raúl López, mantense na idea de conservar o seu 66%


|

Monbusautobuses

Parte das accións da empresa de autobuses Monbus atópanse á venda, pero o seu socio maioritario, o empresario lucense Raúl López, mantense na idea de conservar o 66% que posúe.


O outro 34% pertence a Abanca, a entidade bancaria resultante da fusión das extintas caixas de aforros galegas e que na súa estratexia de futuro contempla desfacerse das súas participadas en todo o que non teña que ver co negocio bancario.


Fontes de Monbus confirmaron que "non entra nos plans" de Raúl López a "venda" do 66 por cento da empresa de autobuses, que proximamente ten previsto abrir unha nova liña en Cataluña e que está "en crecemento".


Outras fontes consultadas ratificaron que a posibilidade de que Abanca venda o seu 34 por cento está enriba da mesa, polo que a entidade bancaria valorará calquera oferta que se poña encima da mesa para facerse con ese accionariado.


Esta posible operación foi adiantada este venres polo periódico 'Expansión', que informou de que habería tres empresas que poderían estar interesadas nesta compra: Alsa, Arriva e Avanza.


Esta venda prodúcese mentres que o presidente da empresa se mantén á espera do avance dun sumario que instrúe a xuíza de Lugo Pilar de Lara, e do que se abriu parte no mes de xuño. Na denominada 'Operación Cóndor' --na que se fan investigacións sobre supostos delitos de branqueo, suborno, delito fiscal e tráfico de influencias-- permanece investigado o empresario.

relacionada ​Monbus contrató al hijo de un técnico de Fomento que le daba "información" de los concursos
relacionada Detido o xerente de Monbus en Pontevedra
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE