#Claves de la semana

Un incendio nunha vivenda das Nogais deixa tres persoas ingresadas

Dúas presentan queimaduras e a terceira inhalara fume. 


|

Incendiolugo


Tres persoas tiveron que ser trasladadas de madrugada ao hospital Lucus Augusti por mor dun incendio na súa vivenda no municipio lucense das Nogais. Dous delas presentaban queimaduras e a terceira inhalara fume.


Segundo os datos do 112, a vivenda atópase no lugar da Silvela, en Noceda, e unha das súas habitacións quedou totalmente calcinada.


A petición de axuda chegou ao Centro de Atención a Emerxencias minutos antes das 3,30 horas, informando tamén de que dentro da casa había unha persoa de avanzada idade e con dificultades de mobilidade. Deste xeito, ata o lugar acudiron o 061, os Bombeiros de Sarria e o GES de Becerreá.


Apenas unha hora e media máis tarde, sobre as 5,00 horas, confirmouse a extinción do incendio e o traslado das tres persoas ao hospital da capital de provincia.


INCENDIO EN OROSO


Non foi o único incendio rexistrado esta madrugada, pois sobre as 3,00 horas o 112 recibiu un aviso dun lume nun galpón en Oroso (A Coruña). En realidade, trátase dunha casa na que non vive ninguén, que se utiliza como local de ensaio dun grupo musical da zona, de modo que non houbo afectados.


Os Bombeiros de Ordes apagaron o lume e a estrutura do inmoble non chegou a verse afectada, tal e como indicou o 112.


CAE UN EDIFICIO NAS PONTES


En cambio, o céntrico edificio das Pontes (A Coruña) no que se declararon dous incendios en menos de 24 horas terminou por caer.


En concreto, o lume "calcinou e destruíu por completo" os dous primeiros pisos deste inmoble situado na avenida da Coruña e a construción veu abaixo, de modo que os efectivos de emerxencias apontoaron a estrutura e acordoaron a zona.


Conforme aos datos do 112, este edificio rexistrou un incendio o xoves pola tarde e, unha vez extinguido o lume, as chamas reaviváronse a madrugada pasada.

relacionada Morre unha persoa e outra queda ferida nun incendio nunha casa en Ourense
relacionada Controlado o incendio nun aserradoiro en Vilalba
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE