#Claves de la semana

​Distinguen a un médico vigués polos seus traballos sobre rehabilitación

As investigacións do catedrático da USC Jesús Devesa no ámbito do dano cerebral convérteno "nun dos máis valiosos e significativos no seu campo".


|

Jesusdevesasegundo


O médico vigués Jesús Devesa, catedrático de Fisioloxía Humana pola Universidade de Santiago de Compostela, foi distinguido como 'investigador altamente citado' en 2016 pola repercusión dos seus traballos, particularmente no ámbito da hormona do crecemento.

En concreto, o director científico da Fundación Foltra --un centro sanitario de rehabilitación neurolóxica situado a escasos quilómetros de Santiago-- foi recoñecido pola compañía Thomson Reuters debido a que o seu traballo é "un dos máis valiosos e significativos no seu campo".

De feito, segundo a comunicación remitida pola multinacional, á que tivo acceso Europa Press, "moi poucos investigadores" logran esta distinción, de modo que felicitou ao doutor tanto polo recoñecemento como polas "súas contribucións ao avance do descubrimento científico e a innovación".

Finalmente, Thomson Reuters apunta que Jesús Devesa figura no un por cento do ránking de investigadores máis citados no seu campo, polos seus traballos relativos á recuperación das capacidades en pacientes que sufriran dano cerebral.

Última hora

1 Comentarios

1

Por favor, si alguien puede enviarme la direccion de este doctor, le estaria muy agradecida.Gracias anticipadas

escrito por angeles 27/jun/17    23:03

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE