#Claves de la semana

​A Sala Sónar e o Café Cultural Auriense, escenarios dos concertos da Banda da Balbina

Ambas as actuacións inclúense na programación da Rede Galega de Música ao Vivo, circuíto que xestiona a Agadic en colaboración con salas de toda Galicia.


|

Abandadabalbinamusicagalega


A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) organizou os concertos que A Banda da Balbina ofrecerá esta semana na Sala Sónar de Santiago e no Café Cultural Auriense de Ourense, como grupo gañador do concurso da Radio Galega 'Vas sacar nota'.


Ambas as actuacións inclúense na programación da Rede Galega de Música ao Vivo, circuíto que xestiona a Agadic en colaboración con salas de toda Galicia. En Santiago, o concerto será este xoves, día 1, mentres que en Ourense está programado para o sábado 3.


A Banda dá Balbina obtivo o pasado ano os premios do xurado e do público coa canción 'O Marco', un tema incluído no seu segundo álbum, 'Convertindo cuncas en ferrados'. Así mesmo, esta banda conta con outro galardón da Radio Galega, o 'Apologhit', que gañou en 2009.

relacionada ​Ángel Stanich encara a recta final da súa xira 'Camiño Ácido' en Santiago
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE