#Claves de la semana

​O PP e Ciudadanos manteñen o veto á transferencia da AP-9

Os populares preguntan no Congreso a En Marea e PSOE "de onde" recortar os 4.300 millóns que "custa rescatar" a arteria galega.



|

Autopistapeajeseixoatlantico


O Congreso dos Deputados rexeitou, na súa Comisión de Fomento, a Proposición non de Lei de En Marea na que se pedía ao Goberno o levantamento do veto para a transferencia a Galicia da xestión da autoestrada AP-9.


Esta situación estivo motivada por un empate técnico na comisión, formada por 37 integrantes pero na que, con todo, votaron unicamente 18 persoas a favor e outras 18 en contra. Tras tres votacións, e segundo establece o regulamento do Congreso, a proposición decaeu. O Partido Popular e Ciudadanos votaron en contra desta opción, así como Foro Asturias.


A deputada de En Marea Alexandra Fernández lembrou durante o debate que a autoestrada do Atlántico é "unha vía fundamental para as comunicacións interiores en Galicia", dado que vertebra o territorio "de norte a sur" e xoga "un importante papel de dinamización socioeconómica do eixo atlántico".


Na súa comparecencia, Fernández lembrou tamén que o Parlamento galego aprobou por unanimidade o pasado 15 de marzo unha proposición non de lei na que se instaba á transferencia da titularidade da AP-9 á Xunta.


Esta proposición foi remitida ao Congreso para a súa tramitación, onde o PP, denunciou Fernández, "aplicou un mecanismo tan antidemocrático e insólito na vida parlamentaria desta Cámara como o veto".


EMENDA E REXEITAMENTO DO PP


En Marea aceptou este mércores unha emenda do PSOE para sacar adiante esta iniciativa, na que se pedía levantar o veto á lei galega de transferencia desta infraestrutura e iniciar os trámites necesarios para realizar o traspaso de forma efectiva.


Con todo, esta proposición contou coa oposición do Partido Popular, que preguntou a En Marea "de onde" ten pensado "recortar" os 4.300 millóns que, segundo o deputado Celso Delgado, "custa rescatar a AP-9", unha cifra que En Marea sitúa entre os 2.500 e os 3.000 millóns.


Así mesmo, Celso Delgado pediu "tempo" para que tanto o Goberno central como o galego "poidan falar" da situación da AP-9 e das obras en curso nesta infraestrutura, como a ampliación de Rande ou da circunvalación de Santiago, unhas conversacións que "incluirán, sen dúbida, o tema da titularidade da autoestrada".

relacionada O BNG insiste en pór fin á "navallada" das peaxes da AP-9
relacionada ​Fomento veta debater no Congreso a tranferencia a Galicia da AP-9
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE