#Claves de la semana

​As execucións hipotecarias sobre vivendas soben un 45% no terceiro trimestre

Sitúanse nas 208 en Galicia, fronte ás 143 do mesmo período de 2015. 


|

Hipotecas


As execucións hipotecarias sobre vivendas aumentaron un 45,4 por cento no terceiro trimestre de 2016 en Galicia, ata as 208, fronte ás 143 do mesmo período de 2015, segundo os datos publicados este venres polo Instituto Nacional de Estatística (INE), recollidos por Europa Press.


Con respecto ao segundo trimestre deste ano, cando se contabilizaron 169, o número de execucións hipotecarias sobre vivendas incrementouse nun 23 por cento.


En concreto, as certificacións por execucións hipotecarias iniciadas e inscritas no terceiro trimestre de 2016 en Galicia ascenderon a 328, das cales 25 foron sobre leiras rústicas, 208 sobre vivendas, 8 sobre solares e 87 sobre outras leiras urbanas.


Do total sobre vivendas, 70 corresponden a vivendas de persoas físicas e 138 de vivendas de persoas xurídicas. En canto ao estado, 202 son con respecto a usadas e seis, novas.


DATOS ESTATAIS


En total en España, o número de execucións hipotecarias sobre vivendas habituais situouse en 3.919 no terceiro trimestre, cifra un 34,8% inferior á do mesmo período de 2015, segundo a estatística de execucións hipotecarias publicada este venres polo Instituto Nacional de Estatística.


En termos intertrimestrales (terceiro trimestre de 2016 sobre o segundo), as execucións hipotecarias sobre vivendas habituais retrocederon un 38,8%.


O obxectivo principal desta estatística é ofrecer trimestralmente o número de certificacións de execucións hipotecarias iniciadas e inscritas nos Rexistros da Propiedade durante o trimestre de referencia. Estatística lembra que non todas as execucións de hipoteca terminan co lanzamento (desafiuzamento) dos seus propietarios.


No terceiro trimestre iniciáronse 14.558 execucións hipotecarias, un 25,8% menos que no mesmo período de 2015 e un 30,4% por baixo da cifra do segundo trimestre. Delas, 13.907 afectaron a leiras urbanas (onde se inclúen as vivendas) e 651 a leiras rústicas.


As execucións hipotecarias sobre leiras urbanas descenderon un 25,1% en relación ao terceiro trimestre de 2015 e un 29,9% respecto ao trimestre anterior. Dentro das leiras urbanas, 7.976 execucións corresponderon a vivendas, un 31,7% menos en taxa interanual, e delas 4.979 eran execucións sobre vivendas de persoas físicas (-34,9% interanual).


Dentro das vivendas, as execucións hipotecarias sobre vivendas de persoas físicas sumaron 4.979 no terceiro trimestre (-34,9% interanual), das que 3.919 son vivendas habituais en propiedade e 1.060 non son residencia habitual dos propietarios. Estas últimas baixaron un 35,5% respecto ao terceiro trimestre de 2015.


Segundo o INE, só o 0,02% das vivendas familiares existentes en España (18.455.800) iniciaron unha execución hipotecaria entre xullo e setembro de 2016.


MÁIS EXECUCIÓNS EN VIVENDAS USADAS


Do total de execucións hipotecarias sobre vivendas rexistradas no terceiro trimestre, un total de 7.149 afectaron a vivendas usadas, cun descenso interanual do 29,1%. As execucións sobre vivendas novas sumaron 827, un 48,1% menos respecto ao mesmo trimestre de 2015.


A estatística revela ademais que o 18% das execucións hipotecarias iniciadas sobre vivendas no terceiro trimestre corresponde a hipotecas constituídas en 2007, o 19,1% a hipotecas subscritas en 2006 e o 14,1% a hipotecas asinadas en 2008. Ampliando un pouco máis o espectro, aos anos 2005-2008, obtense que este período concentra o 59,9% das execucións hipotecarias iniciadas no terceiro trimestre deste ano.


ANDALUCÍA LIDERA AS EXECUCIÓNS HIPOTECARIAS SOBRE VIVENDAS


Por comunidades autónomas, Andalucía liderou as execucións sobre vivendas no terceiro trimestre, cun total de 2.151, seguida de Comunidade Valenciana (1.624) e Cataluña (1.515). No lado oposto situáronse País Vasco (40), A Rioxa (53) e Navarra (54).


Sobre o total de leiras, Andalucía tamén encabezou o número de execucións hipotecarias, con 3.833, seguida de Comunidade Valenciana (2.988) e Cataluña (2.755). Á cola situáronse Cantabria (94), Navarra (100) e Asturias (102).

relacionada ​As execucións hipotecarias sobre vivendas en Galicia caen un 43,3% no segundo trimestre
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE