#Claves de la semana

Galicia disporá de case 140 millons para políticas activas de emprego

Os fondos de xestión transferida ascenden a 129,3 millóns, o programa de parados de longa duración recibe 7,97 millóns e a distribución con axudas previas á xubilación ordinaria en Seguridade Social, 1 millón


|

Empleogalicia


O Consello de Ministros aprobou este venres a distribución de políticas activas para as comunidades autónomas con competencias asumidas no ámbito laboral por un importe total de 1.802 millóns de euros, dos que 138,28 millóns irán para Galicia.


Na comunidade galega, os fondos de xestión transferida ascenden a 129,3 millóns, o programa de parados de longa duración recibe 7,97 millóns e a distribución con axudas previas á xubilación ordinaria en Seguridade Social, 1.


Segundo informou o portavoz do Goberno, Íñigo Fernández de Vigo, na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros, os 1.802 millóns de euros anunciados dividiranse en 1.671,79 millóns, dos cales un 30% darase ás comunidades autónomas en función do número de parados e un 70% tendo en conta os obxectivos que se cumpran, e en 129 millóns de euros, que se destinarán ao financiamento do Programa de Acción Conxunta para a Mellora da Atención ás Persoas Paradas de Longa Duración.


EMPREGO, SERVIZOS E XUBILACIÓN


O acordo de distribución dos créditos procedentes dos orzamentos servirán para a execución dos servizos e programas incluídos nos eixos de políticas activas de emprego, a modernización dos Servizos Públicos e de Emprego, e para dar axudas previas á xubilación ordinaria no sistema de Seguridade Social.


En concreto, os servizos e programas que se aproben deberán mellorar a empregabilidade dos mozos, o desenvolvemento da garantía xuvenil en España, e favorecer as posibilidades de atopar emprego doutros colectivos afectados polo desemprego, como son desempregados de longa duración maiores de 45 anos e beneficiarios do Plan Prepara.


Ademais, tamén buscan mellorar a calidade da formación profesional para o emprego, reforzar a vinculación das políticas activas e pasivas de emprego e impulsar o emprendemento "como parte inseparable da activación e recuperación do emprego".


O acordo, segundo o Ministerio de Emprego e Seguridade Social, formaliza os criterios e a distribución correspondente dos créditos previstos para 2016 entre as Comunidades Autónomas con competencias transferidas no ámbito laboral, con inclusión do Programa de Acción Conxunta para desempregados de longa duración.

relacionada ​O paro sobe en Galicia en máis de 4.500 persoas en novembro
relacionada Catro de cada dez emprendedores montan un negocio por necesidade
relacionada ​A taxa de cobertura ao desemprego subiu ao 51,75% en outubro en Galicia
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE