#Claves de la semana

'Tartufo' chega esta fin de semana a Ourense

O Centro Dramático Galego (CDG) recala no teatro principal da cidade das Burgas con senllas funcións este sábado e domingo. 


|

TartufomoliereCDG


O Centro Dramático Galego (CDG) recalará este fin de semana en Ourense co seu espectáculo 'Tartufo' dentro da xira que está a levar a cabo por toda Galicia. En concreto, ofrecerá senllas funcións no Teatro Principal, este sábado e domingo.


O director valenciano Carles Alfaro púxose á fronte dun equipo galego para levar ás táboas esta versión da comedia de Molière, primeira produción propia da compañía pública galega para esta tempada.


No elenco, figuran nomes "indiscutibles da nosa escena", sinalan desde a Consellería de Cultura, ata outros que inician a súa traxectoria nos escenarios. Entre eles, están Casilda Alfaro, César Cambeiro, Antela Cid, Xoán Fórneas, Mónica García, Marta Lado, Roberto Leal, Rebeca Montero, Alejandro Saá e Patricia Torres.


Segundo o director, trátase dunha proposta "lúdica e lúcida" que busca reflectir "os claros e escuros da obra orixinal e ser fiel, así mesmo, a mirada tenra, crítica e burlesca". "Tamén cara a mesmo, que caracteriza o conxunto da obra de Molière", explica.

relacionada ​RAG e Fundación Barrié buscan a 'Palabra do Ano'
relacionada Culturgal: A cita anual da cultura galega en Pontevedra
relacionada ​A Sala Sónar e o Café Cultural Auriense, escenarios dos concertos da Banda da Balbina
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE