#Claves de la semana

​O CPXG lamenta o peche de Vía V e teme pola reestruturación de V Televisión

A xuízo dos xornalistas supón "o peche dunha fiestra de pluralismo no panorama televisivo galego".


|

Colexiodexornalistasdegalicia


A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia lamenta nun comunicado na súa web "o remate do programa de debate Vía V, de V Televisión", que a xuízo dos xornalistas supón "o peche dunha fiestra de pluralismo no panorama televisivo galego"


O Colexio valorou que "a dirección de calquera cadea ten o dereito de definir a súa grella como considere axeitado aos seus obxectivos", pero non deixa de ser unha "perda" que se clausure un programa de debate "nunha das dúas únicas canles de ámbito autonómico que existen en Galicia".


Así mesmo, os xornalistas consideran que "a renuncia voluntaria ao buque insignia da programación da cadea non fai abrigar esperanzas sobre que o modelo de reestruturación que emprenderá V Televisión vaia reforzar a profesionalidade e o emprego no medio". Por este motivo o Colexio trasladou a súa "solidariedade" co equipo de Vía V, e agardan que as reformas da cadea "supoñan a medio prazo a súa consolidación".


No seu escrito, os xornalistas sinalan tamén a "responsabilidade da Administración autonómica", que, indican, debe ser "a garante de que se cumpran as condicións nas que se desenvolven as concesións de frecuencias de radio e televisión, e que a outra canle televisiva de ámbito galego concedida no seu momento –Popular TV- está inactiva desde hai anos, o que é motivo máis que suficiente para o seu rescate".

relacionada #NonDifundasMachismo, unha campaña contra o tratamento machista da información
relacionada O EGM axusta contas
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE