#Claves de la semana

Catorce empresas galegas lideran a primeira misión comercial a Reino Unido tras o brexit

Galicia exportou en 2015 case máis de 1.097 millóns de euros a Reino Unido e importou 473 millóns de euros.


|

Exportaciones 1

Catorce empresas galegas participaron na primeira misión comercial a Reino Unido liderada pola Cámara de Comercio da Coruña a finais de novembro tras a aprobación do 'brexit'.


En concreto, participaron catorce empresas galegas dos sectores de confección, alimentos, viños, metalurgia e automoción, que manifestaron que os resultados de participar nesta acción de promoción "foran positivos", segundo indicou a entidade cameral.


Con todo, as mesmas fontes indicaron que o 'brexit' estivo presente durante todo o desenvolvemento da misión, "debido á incerteza nas relacións comerciais xerada tras a saída de Reino Unido de Europa, aínda que, polo momento, non parece que se estean resentindo as importacións".


As empresas participantes tiveron reunións de traballo principalmente en Londres, pero tamén noutras localidades como Manchester, Wimbledon e Luton, entre outras.


Reino Unido está considerado como o quinto mercado máis importante do mundo e un dos principais socios comerciais de España. Galicia exportou en 2015 case un 30 por cento máis que no ano anterior, vendeu máis de 1.097 millóns de euros a Reino Unido e importou 473 millóns de euros.


Esta misión comercial a Reino Unido estivo organizada pola Cámara de Comercio da Coruña dentro do Plan de Fomento das Exportacións Galegas (Foexga), financiado polo Igape, a Xunta de Galicia e o Fondo Feder do programa operativo 2014-2020.


Proximamente, a Cámara de Comercio da Coruña organizará unha xornada, en colaboración coa Cámara española en Gran Bretaña, para analizar os diversos escenarios que se expoñen tras o 'brexit' para as empresas galegas exportadoras. "En 2017 a entidade cameral coruñesa seguirá apostando por este mercado e ten prevista a participación en varias feiras de alimentación, así como unha misión comercial plurisectorial, entre outras accións", segundo avanzou.

relacionada Theresa May ponlle data ao 'Brexit' e a libra desplómase a mínimos históricos
relacionada Como afectará a política proteccionista de Trump ás exportacións galegas?
relacionada ​A Deputación da Coruña promocionará produtos gastronómicos galegos en Londres
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE