#Claves de la semana

'​Porcoril', 'populismo' e 'xenofobia' optan a ser 'Palabra do Ano'

A Real Academia Galega e a Fundación Barrié son as impulsoras da iniciativa, que xa recibiu case 200 propostas de 1.400 usuarios. 


|

Palabradoano

Un total de seis termos optan a converterse en Palabra do Ano 2016 nunha iniciativa da Real Academia Galega (RAG) e a Fundación Barrié, segundo informa a institución académica. En concreto, son as palabras Irmandade, eleccións, alburgada, porcoril, populismo e xenofobia.


A elección dunha delas terá lugar mediante unha votación na que pode participar toda a cidadanía e que se manterá aberta ata o 22 de decembro na ligazón http://portaldaspalabras.gal/aberta-fase-devotacion-dá-palabra-ano-2016/.


A campaña do Portal das Palabras foi creada para escoller cal é o termo que mellor define os doce meses do ano. Nunha primeira fase, esta iniciativa recibiu case 200 propostas achegadas por 1.400 usuarios.


CRITERIOS


O equipo encargado da selección escolleu estes seis termos entre todos os recibidos atendendo aos criterios dos que fosen máis populares, os que tivesen unha maior proxección pública ao longo do ano ou aqueles destacados "ben pola súa carga significativa ou pola súa construción morfológica", indica a RAG.


Irmandade figura entre as palabras finalistas no ano en que se celebra o centenario das Irmandades, movemento nado na Coruña no ano 1916 "e que desenvolveu un labor esencial para a dignificación da lingua galega", engade.

relacionada ​RAG e Fundación Barrié buscan a 'Palabra do Ano'
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE