#Claves de la semana

Ata 120 euros se pagaron por facerse cun dos afamados capóns de Vilalba

A Feira conta xa con 200 anos de antigüidade e este domingo puxeron á venda unhas 700 pezas.


|


Caponvilalba


A concelleira de Feiras e Mercados do Concello de Vilalba, Chery Grandío, calculou que na Feira do Capón que se celebrou o domingo se puxeron á venda sobre 700 unidades.

O evento, que conta xa con 200 anos de antigüidade, representa unha tradición no municipio que conta cunha "gran afluencia de xente" e "48 ou 49" dos sesenta criadores censados neste concello.

Chery Grandío descoñece o volume de negocio que xerado, aínda que adiantou que a venda por unidade oscila "entre os cen e os 120 euros".

A concelleira de feiras destacou o capón como "un embaixador de Vilalba polo mundo enteiro", á vez que describía que se crían "con moito mimo" e a súa alimentación faise "a base de millo, patacas".

"No mes de novembro métense nas capoeiras. A cría faise cos mellores coidados e logo no sacrificio tense en conta que vaian preparados, ben limpos e amarelos. É un manxar excelente", detallou.

relacionada ​Derriban el busto de Fraga en Vilalba
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE