#Claves de la semana

​Morren dúas persoas en accidentes de tráfico nos municipios lucenses de Abadín e O Corgo

Ambos sucederon a última hora deste xoves. 


|



A8Abadinniebla


Dúas persoas resultaron falecidas a última hora deste xoves en senllos accidentes de tráfico rexistrados na A-8 ao seu paso por Abadín e na A-6 en O Corgo, ambos os dous na provincia de Lugo.


Segundo a información da Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o primeiro dos sucesos tivo lugar pouco antes das 21,00 horas na A-8, pouco antes da saída de Riotorto en dirección a Begonte, onde colisionaron un camión e un todoterreno.


Ata o lugar desprazáronse efectivos da Garda Civil, que cortaron a vía, e dos Bombeiros de Vilalba, que tiveron que excarcerar o cadáver da vítima mortal, que quedara atrapado no todoterreno. Así mesmo, acudiu unha dotación sanitaria do 061, que certificou a morte.


OUTRO ACCIDENTE MORTAL NO CORGO


Minutos despois, Emerxencias tiñan coñecemento doutro accidente de circulación acontecido no quilómetro 486 da A-6, en sentido A Coruña, ao seu paso por O Corgo. Nesta ocasión, colisionaron dous vehículos.


Ata a zona desprazáronse efectivos dos Bombeiros de Sarria e de Lugo, a Garda Civil de Tráfico e unha ambulancia do 061, que certificou a morte dunha das vítimas e prestou asistencia ao resto de pasaxeiros.

relacionada As luces do Nadal poden cegar e causar accidentes de tráfico
relacionada Agárdanse millón e medio de desprazamentos por estrada no Nadal
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE