#Claves de la semana

Preocupa a saúde dos coellos criados como mascotas

Son a terceira especie da que máis visitas reciben os veterinarios, pero para a que "non se poden extrapolar os métodos aplicados a cans e gatos".


|

Veterinarioconejousc


Investigadores da Facultade de Veterinaria da Universidade de Santiago de Compostela (USC) realizaron o primeiro estudo de carácter clínico que se fai sobre o coello como mascota.


A tese de doctoramiento 'Manexo e exploración do coello (Oryctolagus Cuniculus) como mascota' acaba de ser presentada por José Miguel Chapel na Facultade de Veterinaria o Campus Terra, nunha investigación dirixida polos profesores da USC José Luis Benedito e Cristina Castelo, así como Mario Cipone, da Universidade de Bolonia.


O crecente uso do coello como animal de compañía e a escasa información de que dispoñen tanto os seus propietarios como os veterinarios clínicos especializados sobre o manexo, alimentación e técnicas exploratorias "reforzan a pertinencia desta investigación", destaca a USC.


Así, o seu autor advirte de que o coello presenta singularidades respecto doutras mascotas, "xa que se trata unha especie moi asustadiza, á que non se poden extrapolar os métodos aplicados tradicionalmente a outros animais como cans ou gatos".


Nas pescudas realizadas ao amparo da súa investigación de doutoramento, Chapel traballou con preto de medio cento de coellos de diversas razas. Con todo, as razas de coello que máis se empregan como mascotas son as de pequeno tamaño (cruzamento de coellos ananos e a raza Bellier, Angora ou Holandés anano).


Na actualidade os coellos supoñen a terceira poboación máis numerosa de mascotas que van ás consultas veterinarias, onde os propios facultativos botan en falta información específica relativa a técnicas de manexo e control para a práctica das diferentes exploracións.


ENFERMIDADES POR DESCOÑECEMENTO


De feito, enfermidades intestinais e dentais, así como outras doenzas parasitarias, dermatolóxicas ou cardiorrespiratorias son consecuencia "en non poucas ocasións do descoñecemento do propietario respecto das necesidades da especie que ten como mascota", remarca a USC.


Así, a investigación presenta características das diferentes técnicas de manexo, de parámetros bioquímicos de interese clínico, ademais dunha avaliación das diferentes fontes nutricionais, na que se valora a incorporación á dieta dos coellos da planta mariña posidonia oceánica en substitución do heno.

relacionada El Corte Inglés recolle penso para mascotas coa fin de axudar a protectoras de animais
relacionada Medra o número de galegos que abandonan os seus animais domésticos
relacionada ​Escolares galegos celebran o día do medio ambiente construindo refuxios para animais
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE