#Claves de la semana

A renuncia de Pemex en Punta Langosteira "non afecta á viabilidade do porto exterior"

Ao PSdeG non lle cadra a falta de impacto, pois a operación ía supor "un aumento do 15% de tarifas portuarias e un 20% do total de tráfico".


|

Puntalangosteira

O presidente de Portos de Galicia, Juan José Durán, asegura que a renuncia de Pemex aos seus investimentos en Punta Langosteira, que incluían a previsión de implantar unha terminal, non afecta á "viabilidade" do porto exterior.


En resposta a unha pregunta do PSdeG na comisión de Pesca, Durán asegurou que "a viabilidade" de Punta Langosteira "nunca estivo condicionada á situación de Pemex".


Respecto diso, sinala que en 2012 houbo unha solicitude para construír e explotar unha terminal no porto exterior para graneis líquidos, mentres que se tramitou un aval bancario, e ambas as cuestións seguen "vixentes", pois "Pemex non comunicou a súa renuncia de forma oficial", "ben é certo que fontes da empresa anunciaron publicamente que este proxecto non se desenvolvería, polo menos de momento".


FACTORES "ALLEOS" Á AUTORIDADE PORTUARIA


Así, Durán achaca esta renuncia de Pemex a dous factores "alleos á Autoridade Portuaria", como son "a situación interna" da compañía, que "atravesa momentos de dificultades" con recortes de gastos, así como "os cambios no mercado de petróleo e combustibles".


En cambio, o deputado socialista Juan Manuel Díaz Villoslada dixo que "chama a atención" que se asegure que a renuncia de Pemex "non ten incidencia sobre o plan de viabilidade" do porto exterior, cando se prevía que esta compañía supuxese un aumento do 15% de tarifas portuarias e un 20% do total de tráfico, o cal ve "difícil de cadrar".


Así mesmo, cargou contra a "propaganda" da Xunta realizada ao redor da empresa mexicana, á vez que lembrou a desconexión realizada no seu momento pola TVG para presentar a Pemex "como unha especie do Dourado para Galicia".


INVESTIMENTOS DE REPSOL E ALCOA


Nesta liña, Durán sostén que os "primeiros anos de funcionamento" do porto exterior coruñés "están a avalar a súa viabilidade", "como se pode apreciar nos datos de tráficos".


Desde 2012 houbo un tráfico de máis de tres millóns de toneladas, das que preto dun millón e medio correspóndense a este 2016, "debido á crecente implantación de operadores". Segundo apunta, o investimento en Punta Langosteira por operadores privados "é xa de 30 millóns de euros".


Neste sentido, destaca que Repsol "iniciará nun prazo moi breve" as obras para construír as súas instalacións e trasladar o tráfico de petróleo en 2018, con "un investimento total previsto de 125 millóns de euros".


Pola súa banda, Alcoa "construirá o próximo ano o seu terminal para descarga de alúmina". Todo iso, mentres "se manteñen negociacións" con posibles operadores nacionais e internacionais.

relacionada Xulio Ferreiro compara el puerto exterior de A Coruña con el aeropuerto de Castellón y los califica como "inversiones curiosas"
relacionada Villares critica que as cancelacións de Pemex deixan en mal lugar a Feijóo
relacionada ​El director de Barreras anuncia dos contratos para enero
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE