#Claves de la semana

​Feijóo: "As discrepancias sempre teñen un camiño para chegar ao acordo"

O discurso de Fin de Ano do presidente da Xunta insistiu no entendemento das forzas políticas como base para afrontar os "retos" do país.


|

Feijoomensaje


O presidente da Xunta insistiu na súa mensaxe de Fin de Ano na necesidade de entendemento entre as forzas políticas para afrontar os retos que se lle presentan a Galicia no 2017 e no futuro. Núñez Feijóo referiuse á recuperación económica, á demografía, á loita contra a violencia machista e á emigración como necesidades máis urxentes do país.


No seu discurso, puxo como exemplo desta cohesión o conxunto da sociedade galega que, dixo, "construímos un país de afectos no que as discrepancias sempre teñen un camiño para chegar ao acordo, e onde o acordo xorde tras normais discrepancias". Así, desexou "que ese espírito se traslade á vida pública, sen menoscabo dun debate que sempre é enriquecedor", pois entende que "a dimensión dos retos reclama puntos de encontro".


"Se esa cohesión política resulta imprescindible para consumar obxectivos internos, tamén o é para acadar o peso necesario de Galicia en decisións que afectan ao conxunto de España", defendeu Feijóo, referíndose nomeadamente "financiamento autonómico e infraestruturas coma o AVE".


Como necesidades máis urxentes referiuse á "Galicia minguante que reflicten os datos demográficos", a "loita contra a criminal violencia machista" e a "exclusión social", así como conseguir frear a emigración.


Feijóo sostivo que "se non aspiramos a recuperar nese futuro os compatriotas que traballan fóra, sería un mañá truncado. Ninguén é prescindible". Para iso, o presidente fixo fincapé na recuperación económica, que recoñeceu que segue estando por resolver, tanto no que respecta ao "drama do paro" coma no referido ao "nivel salarial".


Por último, agradecu o apoio recibido nas urnas e enviou os "mellores desexos" para o ano que vai comezar. "Sei que en todas as familias, tamén na miña, hai ausencias, hai preocupacións", dixo, para volver insistir na unidade para afrontar os problemas e loitar "todos xuntos".

relacionada ​Feijóo descarta ser secretario xeral de Rajoy por incompatibilidade co seu cargo en Galicia
relacionada ​Rajoy hace balance político del 2016: "Ha sido el año de la incertidumbre"
relacionada Feijóo, sobre o salto á política estatal: "Teño un contrato con Galicia ata 2020"
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE