#Claves de la semana

​O PXOM de Cabana de Bergantiños abre a porta a novos proxectos en Corcoesto

A Plataforma Salvemos Cabana denuncia que o borrador pon de manifesto a insistencia do alcalde de impoñer "pola porta de atrás" un futuro plan extractivo.


|

Cartelminacorcoestocabana


A Plataforma Salvemos Cabana denuncia que o borrador do texto de Plan Xeral de Ordenación Municipal de Cabana de Bergantiños constitúe "un novo intento do alcalde José Muíño de impoñer pola porta de atrás un futuro plan extractivo" en Corcoesto, onde fracasou un proxecto de megaminería. Tal e como informan nun comunicado, o texto refírese a "proxectos ou iniciativas que se poidan levar a cabo na antiga explotación mineira da zona", o que interpretan como unha porta aberta á reapertura do xacemento.


Mapascabanaminacorcoesto

Ademáis, a Plataforma critica que se inclúa no documento un mapa manipulado sobre "áreas de exploración e investigación mineira". Salvemos Cabana contrastou o mapa do borrador do PXOM co do Censo Catastral Mineiro de Galicia, descubrindo que "non coinciden en absoluto", "dando a entender a preeminencia do interese extractivo sobre outro tipo de sectores, nunha zona definida por dúas clasificacións do solo incompatibles coa actividade mineira, como son o solo rústico de protección forestal e o solo rústico de protección paisaxística".


Salvemos Cabana lembra que o frustrado proxecto mineiro "provocou o conflito socioambiental máis grave na historia recente de Galicia". Así, non entenden cómo o rexedor "enfrontándose aos veciños, á Xunta e incluso en máis dunha ocasión ao seu propio partido, persiste de maneira reiterada no intento de activar un plan extractivo denostado por toda a sociedade galega". 

relacionada ​Salvemos Cabana e AGE non conseguen que a Xunta xestione o dolmen de Dombate
relacionada ​Ecoloxistas entregan documentos que "revelan os renglóns torcidos" da tramitación ambiental de Corcoesto
relacionada A busca do ouro galego abarca 70.000 hectáreas
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE