#Claves de la semana

Nenos ingresados no CHUS experimentan coa programación e a robótica

O Colexio Profesional de Enxeñaría e Informática de Galicia levoulles a un grupo de rapaces de entre 5 e 16 anos un taller de informática. 


|

ProgramacionyroboticaniosCHUS


O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) levou este luns ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) un taller para achegarlles á programación e a robótica a un grupo de mozos de entre 5 e 16 anos de idade que están ingresados.


Segundo informou a entidade colexial, a experiencia, cuxo resultado foi "moi positivo" para a organización, actuou como "piloto dun programa máis ambicioso", segundo apostilou, que pretenden que chegue a máis centros hospitalarios.


No caso deste luns, o colexiado Javier Pereira encargouse de levar a cabo, de modo voluntario, o taller na aula de informática do CHUS. Este profesional realizou, en primeiro lugar, unha breve introdución aos conceptos de robótica e programación, acompañada de diferentes vídeos ilustrativos.


Nunha segunda parte, os nenos ingresados probaron diferentes actividades e xogos elaborados coa ferramenta de programación 'Scratch', en combinación con Makey Makey e outros dispositivos tecnolóxicos como a webcam do computador ou un rato de control cefálico.


O emprego destas ferramentas permite ensinalos aos mozos, segundo concreta a entidade colexial, "de modo fácil e dinámico" como programar o computador e crear os seus propios videoxogos, historias interactivas ou animacións.


Durante a mañá deste luns, o taller programado polo CPEIG "estimulou a creatividade e outras capacidades cognitivas, como son a resolución de problemas, a abstracción, ou pensamento lóxico ou o razoamento", segundo explicou.

relacionada ​El poder curativo de la música de Carlos Núñez
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE