#Claves de la semana

Buscan espertar nos máis cativos o interese polas profesións dixitais

O Colexio de Enxeñeiros Informáticos e a Xunta promoveron unha web para fomentar os estudos de informática e o uso seguro da Internet.


|

Internetmenores


O Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia de Modernización de Galicia (Amtega) puxeron en marcha as webs www.rapacinos.gal e www.rapacinas.gal, unha iniciativa enmarcada no programa 'Rapaciñ@s', para difundir o ámbito das novas tecnoloxías e o uso seguro da internet entre os nenos.


O novo espazo web, accesible a xente sen coñecementos técnicos, inclúe contidos como personaxes fundamentais na historia da informática, 10 razóns para estudar informática, saídas profesionais, onde realizar estudos, consellos de navegación segura e o xogo 'A quen te pareces?'.


Este xogo difunde casos de éxito que buscan fomentar a incorporación de mozas ás novas profesións dixitais e contribuír á desaparición da brecha de xénero existente no acceso aos estudos tecnolóxicos.


Así, céntrase na divulgación da vida de mulleres e homes que xogaron un papel destacado no desenvolvemento da informática e das ciencias da computación.


Neste xogo, de acordo cunha serie de preferencias, gustos e valores que vai fixando, o usuario poderá identificar con que persoa do mundo da informática ten máis cousas en común.


SEGUNDA EDICIÓN


O programa 'Rapaciñ@s: a tecnoloxía ben segura', no que se inclúe este espazo web, percorreu durante dous anos toda Galicia con charlas informativas a cargo dos colexiados do CPEIG e talleres infantís.


Nel, familias e docentes atopan información e recursos de interese, á vez que os nenos adquiren hábitos seguros para navegar na rede e desenvolven a súa creatividade tecnolóxica a través de actividades pensadas para que se divirtan e aprendan.

relacionada ​Os nenos españois inícianse no uso da internet aos 9 anos
relacionada ​Galicia es la comunidad con menor tasa de internautas
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE