#Claves de la semana

​O Festival de Cans abre a convocatoria de envío de curtas

Os autores poden inscribirse ata o 5 de marzo. Vai ser a edición número XIV do concurso e repartirá 6.900 euros en premios.


|

Festivalcans


O Festival de Cans abriu ata o próximo 5 de marzo a convocatoria de presentación de curtametraxes e videoclips para a XIV edición do concurso, que se celebrará entre o 24 e o 27 de maio e repartirá 6.900 euros en premios.


A organización do evento, que lembrou que se incrementou progresivamente o número de obras presentadas ata superar o pasado ano as 200, indicou que poderá concorrer calquera tipo de peza curta dirixida por realizadores galegos entre os anos 2016 e 2017.


Os interesados poden consultar as bases na web do festival e inscribirse a través da plataforma dixital www.festhome.com. En total, outorgaranse 11 premios, 10 deles con contías en metálico e todos eles recoñecidos co afamado Can de Pedra deseñado polo artesán Paco Candán.


Para o financiamento do evento, a Asociación Cultural Arela solicitou reunións co Concello do Porriño e a Deputación de Pontevedra; e ademais traballa na incorporación de patrocinadores.


Paralelamente ao evento, este domingo, día 15, retomarase ás 19,00 horas na Sala Ingrávida do Porriño o ciclo promovido polo Festival de Cans e o Cineclube Rebobina 'Cans todo o ano', polo que se proxectará o documental 'Ponme a última', centrado na memoria dos bares da localidade pechados.

relacionada Arrinca o Festival de Cans co Día dos Veciños
relacionada José Luis Cuerda y Javier Gutiérrez colocan sus 'estrelas' en el 'torreiro' de Cans
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE