#Claves de la semana

​Feijóo admite "dificultades" pola gripe e chama a acudir a Atención Primaria

Nega que o conselleiro estea "desaparecido" e rexeita "iniciar un debate" sobre o copago farmacéutico porque "non hai" unha proposta alternativa. 


|

CHUS


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, admitiu este xoves "dificultades" en urxencias por mor da gripe e engadiu que aínda "non acabou", senón que "na próxima semana" tamén haberá problemas. Ao tempo, insistiu na importancia de vacinarse e chamou aos pacientes para acudir a Atención Primaria, onde "se poden resolver moitas cousas".


"Todos os recursos sanitarios e profesionais de Galicia están dispoñibles para calquera tipo de presión asistencial", subliñou Feijóo, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, na que incidiu en que a situación xerada "aínda non acabou", polo que se esperan "problemas" a próxima semana.


"Non se pode negar que houbo dificultades", reflexionou Feijóo, quen incidiu en que a "situación é moi complexa", como se evidencia no conxunto do sistema sanitario español e tamén nos doutros países como Francia e Gran Bretaña.


PAC, ATENCIÓN PRIMARIA E 061


"Orgulloso" dos profesionais do Servizo Galego de Saúde (Sergas), agradeceu o labor feito e realizou un chamamento para que os pacientes con síndrome gripal chamen ao 061, acudan ao seu médico de Atención Primaria ou, se está pechado o centro de saúde, vaian ao momento de Atención Continuada (PAC) antes de ir aos hospitais, porque "moitas cousas pódense resolver".


Tamén subliñou que a cepa que máis "castiga" é a que se podía "solucionar coa vacina" e lamentou que esta chegase a pouco máis "do 50 por cento da poboación diana". Así, insistiu na importancia da prevención e en que é preciso "usar os servizos públicos antes da gripe" para non ter que utilizalos despois.


Por último, insistiu en destacar o labor dos profesionais e, fronte ás críticas da oposición, defendeu que o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, "non está desaparecido", senón que "traballa con normalidade" e que todos os datos que se solicitan á Consellería proporciónanse.


COPAGO FARMACÉUTICO


Por outra banda, tras a comparecencia da ministra de Sanidade, Dolors Montserrat, e a súa reflexión sobre a posibilidade de mellorar o actual copago farmacéutico, Feijóo evitou profundar na cuestión e argumentou que "non hai ningunha proposta de financiamento distinto" ao modelo actual, que cambiou o PP en 2012, obrigando, por primeira vez, a pagar aos pensionistas.


Feijóo lembrou que o cambio supuxo tamén que "non pagasen" os parados de longa duración e subliñou que Galicia está entre as comunidades nos que ningún pensionista tupo que pagar por encima do tope máximo do 10 por cento, sumándose posteriormente outras comunidades á formulación galega, "menos gravoso" para os cidadáns.


"Sempre que haxa unha formulación seremos especialmente coidadosos cos nosos pensionistas, que seguen estando por baixo da media", reflexionou.


Ademais, subliñou que convén "falar moi en serio e de forma sosegada" de cuestións deste tipo, sen improvisacións. Así, destacou que no debate do financiamento autonómico se expoña dedicar unha peza específica ao área sanitaria.

relacionada Sanidade espera o pico da gripe a última semana de xaneiro e pide "evitar ir a urxencias"
relacionada ​Os numerosos casos de gripe provocan o colapso total das “sobrepasadas” urxencias do CHUO
relacionada ​Montserrat rectifica en Twitter su globo sonda sobre el copago de fármacos
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE