#Claves de la semana

O PP recoñece o "extraordinario éxito" electoral de Feijóo: "Envexa sa"

Javier Arenas foi o encargado de arrincar o acto de presentación do Relatorio Económico e de Administración Territorial en Santiago. 


|

Feijooauditorio


O vicesecretario de Autonomías e Concellos do PP, Javier Arenas, arrincou o acto de presentación das liñas básicas do Relatorio Económico e de Administración Territorial que os populares aprobarán no seu congreso de febreiro cun recoñecemento expreso ao "extraordinario éxito" electoral do líder do PP galego e presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. "Envexa sa", proclamou.


"O PP galego é un gran referente no PP", sentenciou, nun acto en Santiago de Compostela ao que tamén acudiron outros dirixentes estatais como a vicepresidenta do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría, os ministros Álvaro Nadal e Fátima Báñez, así como os redactores do relatorio.


No primeiro acto de calado con dirixentes estatais na comunidade tras os comicios do 25 de setembro, Arenas fixo un recoñecemento ao éxito do PPdeG nas urnas e á "magnífica xestión" da Xunta, con Feijóo á fronte. Co congreso estatal ás portas, subliñou a importancia de que o debate do relatorio que incide na "cohesión de España" se celebre en Galicia.


Arenas subliñou que, cando "o resto dos populares" acoden á comunidade, traen "envexa sa" polos resultados do PPdeG nas galegas, cando Feijóo logrou revalidar a súa terceira maioría absoluta e situarse nunha situación política única en España no ámbito autonómico. Uns resultados que "non son casuais" e que atribuíu á "magnífica xestión".

relacionada ​O PPdeG de Feijóo revalida a súa maioría absoluta
relacionada ​Santamaría y los consejeros cierran hoy el orden del día de la Conferencia de Presidentes
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE